iPhone no Reino Unido con O2 o 9 de novembro

Como vos comentamos hai uns días en Trebellos, hoxe celebrouse unha rolda de prensa de Apple no Reino Unido. Nela anunciouse que o iPhone estará dispoñible alí a partir do 9 de novembro coa compañía de telefonía móbil O2. A versión de 8GB costará £269 (400 euros apróximadamente).
A versión do iPhone que se poñerá á venda é a mesma ca dos Estados Unidos. A compañía estivo actualizando a súa infraestrutura para que fose compatible con EDGE, o sistema de comunicación de datos que emprega o teléfono de Apple no continente americano. Segundo Steve Jobs, que o iPhone non dispoña de 3G é cuestión de aproximadamente un ano, xa que se se lle implementara esta tecnoloxía o teléfono vería disminuida a duración da batería e non tería unha capacidade adecuada para realizar chamadas e empregar tódalas súas prestacións.
O2 anunciou que o trebello tamén terá dispoñible o buzón de voz visual, ó igual que con AT&T. As tarifas coas que sairá á venda son de £35, 45 e 55 cun contrato de 18 meses coa compañía e a posibilidade de cargar ata 1400 páxinas web ao día. A compañía tamén firmou un acordo para que se poida acceder á rede mediante 7000 hotspots. A activación do iPhone farase coma nos Estados Unidos, por iTunes e escollendo o plan de prezos.

Dende a factoría de 




De vez en cando un atopa cousas polos blogues que o deixan abraiado, e este caso é un deles: cómo sacar unha foto cunha Canon EOS1 DS Mark III a distancia cunha Playstation Portable. Sí, líchedes ben.