Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Proxector para teléfonos móvis

proxector

Xa vai un tempo desde que se comezou a falar de esta tecnoloxía, pero é agora cando saíu o primeiro prototipo. Este proxecto levao Texas Instruments por encargo de Motorola.

Este primer prototipo utiliza rayos láser como fonte de luz para crear a imaxe aínda que se rumorea que o definitivo usará tecnoloxía led. Polo momento non ten nin calidade nin brillo suficientes como para non deixarnos a vista intentando ver as imaxes.

Pulsade aquí para ver un video demostrativo do seu funcionamento co filme robots.

Visto en: Gizmologia


Iriver W10, reproductor multimedia con wifi e gps integrado

iriver w10

O novo reproductor de iriver conta cunha pantalla de 3 polgadas táctil e resolución de 480 x 272 pixeles.

Como bó reproductor multimedia reproduce os formatos MP3, WMA, OGG de audio e en video MPEG-4, WMV9.

Pero isto non é só o comezo, o reproductor conta con wifi, VoIP (permite facer chamadas a través de internet), radio FM (que se bota en falla a integración nos ipod), lector de tarxetas miniSD para aumentar a súa capacidade inicial de 4 e 8gbs, reproduce radio en streaming, e ademáis inclúe GPS con mapas de Navteq.

A data de saída é novembro, pero non se di nada do precio. Estaremos atentos a inminente saída.

Visto en: Gadgetometro


Meizu M7, outro competidor ó Ipod touch

meizu m7

O outro día xa falamos do meizu m8 e agora nos chegan novas de meizu sobre o modelo m7, como podemos observar na imaxe, outra réplica do ipod touch.

A continuación as súas características principais:

  • Pantalla táctil de 2,8″ e resolución de 480 x 288 píxeles.
  • Compatibilidade con vídeo H.264 con unha resolución máxima de 720×480 píxeles, a 30fps DivX, XviD e saída de televisión.
  • Dispoñible en capacidades de 2gbs, 4gbs e 8gbs con prezos comprendidos entre 71€ e 107€.
  • Polo momento non sabemos se terá conectividade wifi nin bluetooth, cousa que non podemos descartar.
  • Medidas de 48 x 89 x 7.3 mm
  • Estará dispoñible a finais de 2008.

    Visto en: Xataka


    Revelados procesadores dos novos Macbook Pro

    Apple xa debe de estar a pensar nunha nova gama dos seus potentes portátiles MacBook Pro, pois se filtrou a seguinte tabla co que serían os novos procesadores que teña a nova gama:
    novos chips dos macbook

    Paul Otellini, CEO de Intel xa ven comentando acerca dos novos procesadores chamados “Penryn”, que son como os Santa Rosa que hoxe existen mais co tamaño de 45 nanometros en vez dos 65 actuais, ademais de ofrecer un menor quentamento e diversas melloras.

    Dende Intel, coméntase que esta gama de procesadores sairá en Xaneiro do ano que ven, polo que haberá que agardar novos Macbook Pro unha vez rematado o Nadal…

    Vía: Appleinsider


    Xa se saben os prezos oficiais do Asus Eee

    Asus EeeEn Trebellos falamos fai tempo desta boa aposta ultraportátil, con pantalla de 7″, conectividade WiFi, un peso de 890 gramos e con 3 horas de batería.

    Hoxe en Xataka lemos que vai saír un pouco máis caro, comentamos os prezos:

    • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM e en cor negro, por 259 dólares.
    • 2Gb de disco duro,256Mb de RAM,e en cor branco,con webcam integrada e bolsa de transporte por 299 dólares.
    • 4Gb de disco duro,512Mb de RAM, por 399 dólares.

    Pese a subida de prezos, este Asus segue a ser unha boa alternativa para ter un ordenador a man, con completísima movilidade.

    En Trebellos: Asus Eee PC, o ultraportable e ultraeconómico


    O iPhone tamén en Alemaña

    iPhone

    Despois de diversas marmuracións, das que xa vos falamos en Trebellos, T-Mobile anunciou por fin que poñerá á venda o teléfono móbil de Apple en Alemaña a partir do 9 de novembro, o día no que tamén se poñerá á venda no Reino Unido.

    A versión que se poñerá á venda será a mesma ca no resto de países, a de 8Gb, a un prezo de 399 euros cun contrato de dous anos coa compañía. T-Mobile tamén anunciou que se terán a disposición perto de 20.000 puntos de acceso inarámicos para a conexión a internet.

    Steve Jobs está a facer un percorrido por algúns países europeos. Onte estivo no Reino Unido, hoxe en Alemaña e disque mañá estará en Francia. Teremos mañá novas sobre a distribución francesa do iPhone? Pasará Jobs tamén por España?

    Relacionada: iPhone no Reino Unido con O2 o 9 de novembro
    Relacionada: Teremos o iPhone en Europa para novembro?
    Máis información: Apple


    Vídeo promocional do Nokia N81

    Xa falamos fai tempo do Nokia N81, mais agora saiu o vídeo promocional, comentando tódalas novidades que introduce este terminal, claramente orientado á xente máis moza e que usa intensivamente o seu reproductor de MP3, a internet móbil e os seus videoxogos. Que vos preste.

    En Trebellos: Nokia N81, presentado oficialmente


    Spa con pantalla de plasma de 61 pulgadas

    Enorme Spa

    Maxina ver a Luar (ben, Gayoso ou un partido de fútbol, quen sabe) namentras estás nun auga burbulleante. Certamente tremendo, e iso é o que nos ofrece CatalinaSpas.

    Certamente, non é algo do que falemos frecuentemente en Trebellos, mais non puiden resistirme a facelo. Dispón de 4 asentos e unha infinidade de chorros de auga para compartir o partido ou o que queiras nese lugar.

    Por certo, non din nada do prezo. Mellor.

    Máis información: BornRich


    Rumores dun iPhone 2G no 2008

    iphoneE certamente, debería ser así. Como ben sabedes, Apple ven de presentar hoxe o iPhone en Europa, comezando polo Reino Unido, se ben en lugares como Franza se pode presentar nos vindeiros días ou semanas, nun evento de Apple.

    Pero, unha das cousas que se agardaba ter co iPhone europeo era unha nova versión, cicais de 16Gb de capacidade, con 3G e algunha cousa máis, como pode ser GPS, e bater duramente contra o Nokia N95. Mais non foi así, e os rumores dunha nova versión do iPhone no primeiro cuarto do 2008 son insistentes.

    Os rumores citan dúas fontes:

    • Por un lugar, se comenta que Apple falou co fabricante Broadcom para suplir chips GPS ao iPhone. Usa unha tecnoloxía revolucionaria, mezcla de satélite e antena de telefonía para ter a localización en lugares onde o satélite non esté dispoñíbel.
    • Por outro lugar, tería falado con Triquint, que fabrica tamén chips, pero neste caso Apple contactou para que lle proporcionase amplificadores de potencia pra o novo terminal.

    Se todo isto é certo, o lanzamento do novo iPhone podería coincidir coa saída do iPhone en España con Movistar, pois se comentou que, como mínimo sería a comezos do 2008. Moitas cousas quedan por desvelar aínda…

    Máis información: The Street


    Nokia E51, conectividade na palma da man

    Nokia E51A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia.

    Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos.

    As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existía no E50 e que cada vez usa menos Nokia.

    Destacar como características, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 píxels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapíxeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e vídeo.

    A autonomía da batería é de 4,4 horas en conversa e 13 días en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón.

    Máis información: Nota de prensa de Nokia


    « Anteriores entradasPosteriores entradas »