Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Rumores dun iPhone 2G no 2008

iphoneE certamente, debería ser así. Como ben sabedes, Apple ven de presentar hoxe o iPhone en Europa, comezando polo Reino Unido, se ben en lugares como Franza se pode presentar nos vindeiros días ou semanas, nun evento de Apple.

Pero, unha das cousas que se agardaba ter co iPhone europeo era unha nova versión, cicais de 16Gb de capacidade, con 3G e algunha cousa máis, como pode ser GPS, e bater duramente contra o Nokia N95. Mais non foi así, e os rumores dunha nova versión do iPhone no primeiro cuarto do 2008 son insistentes.

Os rumores citan dúas fontes:

  • Por un lugar, se comenta que Apple falou co fabricante Broadcom para suplir chips GPS ao iPhone. Usa unha tecnoloxía revolucionaria, mezcla de satélite e antena de telefonía para ter a localización en lugares onde o satélite non esté dispoñíbel.
  • Por outro lugar, tería falado con Triquint, que fabrica tamén chips, pero neste caso Apple contactou para que lle proporcionase amplificadores de potencia pra o novo terminal.

Se todo isto é certo, o lanzamento do novo iPhone podería coincidir coa saída do iPhone en España con Movistar, pois se comentou que, como mínimo sería a comezos do 2008. Moitas cousas quedan por desvelar aínda…

Máis información: The Street


Publicidade

Comentarios