Imavisions, ordenadores con Linux dende O Grove

Esa oferta que vedes é de Imavisions, unha empresa de O Grove que actualmente vende ordenadores con Linux (Ubuntu, neste caso) preinstalado, polo que baixa o prezo dos ordenadores ao non ter que pagar licenza.
En Trebellos xa falamos fai tempos de outros proxectos de Linux feitos no país como o Proxecto Trisquel, mais semella que están tendo unha boa acollida este tipo de iniciativas. Parabéns aos defensores do Software Libre.

pero se di que ten windows tamen!!! non entendo onde estara a rebaixa.
Venom, se ves a súa web teñen ordenadores tamén somente con Linux, ademais de con arranque dual.
Eu coido que os de Imavisions non andan moi atinados:
-o prezo do equipo non ten ningunha rebaixa
-o modelo que anuncian é vello: agora xa mete procesadores Intel M520 polo mesmo prezo.
Supoño que coa iniciativa só pretenden ter publicidade gratuíta, porque doutro xeito non o entendo.
Hola,
Son administrador de Imavisions SLL e gostaríame aclarar varias cousas,
Este ten licencia de windows Vista, os que non traen licencia están na web: http://www.portatilesconlinux.com
E imposible obter ordenadores de marca sen licencia (polo menos de momento) así que maís rebaixa non podemos facer, ninguen dixo que o modelo fose novo
só puxemos ese modelo porque hai moita xente que só se fixa no precio, e non nas características dos ordenadores. Por poñer un exemplo, o novo modelo Voyager Pro Elite que temos a 1340€, o primeiro que di moita xente é “No carrefour vin un a 500€”, de ahí de poñer modelos a todos los precios.
Publicidade gratuita, pois non vou a dicir que non, pero tampouco creo que estemos a enganar a ninguén, hai precios que temos máis baratos que en outros lados e o contrario (cousa de distribuidores e demáis) somos unha pequena empresa, así que tampoco podemos tirar a casa pola ventá e poñer todo a precio de coste (máis quixeramos).