Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

iPaq 614c e 914c, novas PDA de HP?

HP iPaq 614c e 914c

Segundo algunhas webs, HP xa ten preparados dous novos modelos de iPaq, o seu modelo de PDA-teléfono máis exitoso. Trátase das HP iPaq 914c e HP iPaq 614c, das que só se saben algunhas das súas supostas características.

Os dous modelos comparten a maioría de características: pantallas táctiles de 2,46 e 2,8 polgadas respectivamente, conectividade WiFi e HSDPA, GPS integrado, cámara de 3 megapíxeles e o sistema operativo Windows Mobile 6 Professional.

A única diferenza é o teclado, a 914c ten teclado QWERTY e a 614c ten un teclado de 12 teclas máis unha roda de control similar á do iPod.

Non están aínda dispoñibles nin os prezos nin as datas de saída ó mercado.

Vía: MSmobiles.com


Publicidade

Comentarios