03
Sep
Escrito por Juan Milleiro na categoría Apple, Rumores
Xa estranaba que a dous días do evento houbese tan poucos rumores. Hoxe comentan, en base ao dito por manufactureiros de Taiwan, algunha das características dos novos iPod que se presentarían o Mércores. Vexamos:
- Novos iPod Video, con interfaz semellante á do iPhone, uso de memorias NAND en vez do tradicional disco duro e conectividade Wi-Fi.
- Novos iPod Nano, con subida de capacidade e unha interfaz tamén semellante á do iPhone. Os prezos serían os mesmos.
- Novos iPod Shuffle, ou máis ben unha subida de capacidade, polo mesmo prezo.
Máis información: Digitimes En Trebellos: Evento Apple o 5 de setembro En Trebellos: Foto dos posíbeis novos iPod nano
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario