03 Sep
Escrito por Juan Milleiro na categoría Fotografía, Rumores
Casio ven de anunciar
hoxe o que pode ser unha das cámaras do ano, vexamos. Este prototipo (líchedes ben) de Exilim ten un sensor de 6 MPx que permite sacar vídeo a 60fps na máxima resolución ou a 300fps en resolución
VGA. Vale que é modo VGA, pero 300fps é algo propio dunha cámara de vídeo… Esta pequena xoia ten zoom óptico de 12x e unhas medidas de 27.5×79.5×130 mm, cun peso de 650 gramos. E ata aí podemos dar de datos, lembrade que é un prototipo aínda. Vía: DPreview
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario