Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Pre.vu Talking Case, unha caixa de CD parlante

Pre.vu Talking CaseEstás farto de gardar os teus CDs e DVDs nas mesmas caixas de sempre? Sempre te esqueces do contido dun CD porque non te lembrache de poñerlle algo por fóra? Non hai problema. Coa nova caixa de CD de Pre.vu isto rematou. Grazas a que o trebello leva incorporado un micrófono e un pequeno altofalante, podemos gravar mensaxes de ata 60 segundos que podemos reproducir premendo un só botón.

Perfecta para gravar unha pequena descrición do contido, para lembrar o que hai dentro do CD, ou para gravar unha mensaxe a un amigo cando lle emprestes as túa última adquisición musical.

Non estaría mal que os CD de música actuais tivesen unha caixa parecida para escoitar un fragmento das cancións que inclúe…

Máis información:
Pre.vu


Publicidade

Comentarios