Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Creative ZEN, a polos iPod

Creative ZEN

Unha das pegas que lle poñen algúns usuarios ó iPod é que non é capaz de reproducir diferentes formatos de video. Para o ZEN, o novo reprodutor multimedia de Creative, isto non é un problema e mesmo pode ser unha das súas grandes virtudes. Na súa pantalla de TFT de 2,5 polgadas e resolución 320×240 pixeles podemos ver videos en formato DivX, XviD, WMV ou MPEG. Ademáis, serve como perfecto visualizador de fotografías, non só polo lector de tarxetas SD que integra, se non pola variedade de formatos que o trebello é capaz de ler: JPEG, PNG, GIF e BMP.

Ademáis de reproducir video e fotografías, como non, tamén reproduce ficheiros de audio. Non podería faltar a compatibilidade para arquivos MP3, WMA e WAV, pero ademáis tamén é capaz de reproducir arquivos de iTunes Plus (AAC sen DRM). Por se isto fose pouco, o ZEN tamén ten radio FM e un micrófono integrado.

Estará dispoñible en tres diferentes capacidades: 4GB, 8GB e 16GB.

Máis información: Creative


Publicidade

Comentarios