Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

HP C8180, máis ca unha simple multifunción

HP C8180

HP presenta a C8180, unha impresora multifunción que chama a atención pola súa gravadora de CD e DVD, que incorpora a tecnoloxía LightScribe e que nos serve para gravar e etiquetar, por exemplo, un DVD coas fotos destas vacacións que temos almacenadas en tarxetas de memoria e que pode ler grazas ao lector de tarxetas integrado. A través da súa pantalla táctil de 3,5 polgadas, podemos acceder aos menús de configuración e de visualización de imaxes.

Se por casualidade temos as fotos no noso móbil, tamén llas podemos transferir por Bluetooth ou por WiFi, xa que o trebello tamén é compatible con estas dúas tecnoloxías. A conectividade inarámica tamén pode servir para conectar a multifunción ó ordenador, aínda que tamén se pode facer mediante cable USB.

Esta impresora sairá á venda durante este mes a un prezo aproximado de 399 dólares.

Vía: Imaging-Resource


Publicidade

Comentarios