Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

XBox 360 Elite e baixada de prezos da XBox 360 en Europa

XBox 360 EliteHai uns días comentábamos en Trebellos.org o rumor dunha nova XBox 360, e hoxe xa o podemos confirmar. Trátase da XBox 360 Elite, que sairá o 24 de agosto, dentro de 2 días.

A nova XBox 360 Elite incluirá un dísco duro de 120 Gb, un novo lector DVD e un porto HDMI, o que fará posíble xogar á XBox 360 en alta definición (sempre que teñamos unha televisión compatible). Tamén chama á atención a nova cor, a XBox 360 Elite estará dispoñible en cor negra en troques da característica cor branca da XBox 360. Como xa dixemos, esta nova consola sairá dentro de dous días a un prezo de 449′99 euros.

Pero non só aqui queda a cousa, Microsoft tamén confirmou que a XBox 360 baixará de prezo en toda Europa. Tamén o 24 de agosto (o mesmo día que sae a XBox 360 Elite) é a data na que a XBox 360 baixará de prezo. Así, o Premium pack terá un prezo de 349′99 euros (rebaixa de 50 euros), mentres que o Core pack terá un prezo de 279′99 euros (rebaixa de 20 euros).

O mundo da nextgen está máis vivo que nunca.

Visto en El Singular.


Logitech Alto Cordless, para escribir doadamente

Logitech Alto

Logitech sacou fai un tempo unha liña de soportes pra ordenadores portátis chamada Alto se ben agora con este lanzamento quere facer aínda máis cómoda a tarefa que algúns temos ao pasar moito tempo escribindo diante dun portátil, e iso é o que pretende o novo Alto Cordless.

Porén, a maior novidade é que inclúe un tegrado sen fíos, que funcionará enchufando o noso ordenador a un dos tres portos USB que trae a base. Pese a todo, se queres usar tamén o ratón, poderás enchufalo a un dos tres portos anteriormente ditos.

O Alto Cordless pode elevar teu portátil pra unha mellor visión, se ben non é recomendado seu uso con portátis de máis de 15.4 pulgdas. Sairá o vindeiro mes a un prezo de 100 dólares, con un adaptador de corrente pra máis potencia nos USB por 20 dólares.

Vía: HardwareGeeks


Futuros MotoQ de Motorola

Dun tempo a esta parte o mercado das PDA, entre Blackberry, nokias da serie E e as PDA con Windows Mobile certamente está bastante copado, mais Motorola acaba de sacar un sitio promocional con a seguinte foto:

Novos Motorola MotoQ

O sitio promocional está feito pensando na futura saída de novos modelos da serie MotoQ, de tal xeito que se queremos enterarnos antes que ninguén dos novos modelos que saque deberemos proporcionar noso enderezo de correo electrónico. En canto saian estes novos modelos, ten por seguro que poderás lelos en Trebellos.

Máis información: Sitio promocional de Motorola


Sony DSC T200, pantalla ante todo

Sony DSC T200

Onte tivemos o día con moitos lanzamentos fotográficos e hoxe comezamos igual o día, mais con outra marca. Sony ven de anunciar a saída ao mercado da DSC T200, que destaca por ter unha pantalla panorámica e completamente táctil. Persoalmente, eu teño unha cámara compacta con pantalla grande e se nota moito a diferenza á hora de visualizar ou editar as imaxes.

A T200 como dicía destaca pola pantalla de 3,5 pulgadas sen controis físicos, pois usamos nosos dedos pra visualizar ou editar fotos. Ademais, ten sensor de 8 megapíxeis, lente Carl Zeiss de 5x (como é normal en Sony), e posibilidade de enchufar un adaptador de alta definición pra ver a foto nunha televisión HDTV.

Máis información: Sony


Canon PowerShot G9

Canon PowerShot G9

Canon presentou tamén hoxe esta PowerShot, pensada pra os usuarios avanzados pero que non queren transportar unha cámara grande e poder levala así a tódolos lados. Porén, esta sucesora da PowerShot G7 inclué unha das funcionalidades máis demandadas, que é a presenza do modo de captura RAW, un modo profesional que garda máis datos que o tradicional JPEG.

Ademais, ten sensor CMOS de 12 Megapíxeis, zoom óptico 6x con estabilizador, e o Procesador Digic II que traen tamén os anteriores modelos comentados, as novas profesionais EOS-1Ds Mark III e EOS 40D. Ademais, soporta entre outras as tarxetas SDHC.

Sairá en Outubro ao mercado a partir de 499 dólares.

Máis información: Canon


Canon EOS 40D, lanzada oficialmente

Canon EOS 40D

En Trebellos nos fixemos eco a comezos de Agosto dos rumores dunha Canon EOS 40D a finais do mes, como finalmente sucedeu.

Esta cámara ten un sensor CMOS de 10.1 Megapíxeis, saca fotografías tanto en JPEG como RAW, 9 puntos de enfoque, un rango ISO de 100 a 1600, velocidades de disparo de 1/8000 a 30 segundos e rangos de cor sRGB ou Adobe RGB.

Mide 145.5×107.8×73.5 milímetros e pesa 740 gramos, bastante lixeira e manexábel pra as cualidades que ten.

Máis información: Canon
En Trebellos: Canon EOS 40D, a finais de Agosto


Canon EOS-1Ds Mark III

Canon EOS-1Ds Mark III

Canon ven de presentar varias cámaras hoxe, que iremos comentando pouco a pouco en Trebellos ao longo de esta semana, comezando pola que cicais montase máis rebumbio pola cantidade de rumores, a nova Canon EOS-1Ds Mark III.

Esta cámara inclúe un sensor CMOS de 21,1 megapíxeis (liches ben, 21 megapíxeis), unha pantalla de 3″ LCD, un sistema integrado pra limpiar a suxedade no sensor, 45 puntos de enfoque e unha velocidade de 5 capturas por segundo pra sacar fotos en formato JPEG e sRAW e poder almacealas en tarxetas SD, SDHC ou CompactFlash.

Máis información: Canon


Asus F9S, portátil ultralixeiro en 12 pulgadas

Asus F9SOs rapaces de Asus veñen de presentar o F9S-2P006C, un modelo de ordenador ultraportátil que pode dar que falar, pois está bastante ben.

Moitas veces ao reducir o tamaño e o monitor se reducen tamén as características e por tanto a potencia do ordenador, mais non neste caso, pois nos ofrece un tremendo portátil cunhas prestacións que fan del un auténtico todoterreo.

Algunhas das súas características máis destacadas son:

  • Procesador Intel Core 2 Duo T7300 de 2Ghz.
  • 2Gb de memoria RAM DDR2.
  • Disco duro de 160Gb.
  • Tarxeta gráfica nVidia GeForce Go 7300 a 128 Mb adicados.
  • Monitor de 12.1 pulgadas WXGA, con resolución de 1280×800.
  • Webcam integrada.
  • Lector de tarxetas de memoria 8 en 1.
  • Gravadora de DVD.
  • Wifi 802.11n e Bluetooth 2.0.

Este ordenador xa está á venda por un prezo de 1199 euros, polo tanto cunha boa relación calidade/prezo.

Vía: Gizmología


Transcend JetFlash 220, pendrives con seguridade biométrica

Transcend JetFlash 220

Estos pendrives USB 2.0 que vedes na foro son do fabricante Transcend e incorporan un plus de seguridade, pois ao conectalo ao PC deberemos tocar no sensor dixital pra que nos recoñeza e teñamos acceso á información.

Inclúe ademais varias ferramentas con aplicacións interesantes pra usar co pendrive, como por exemplo a posibilidade de acceder aos nosos favoritos aínda estando noutra computadora, pois garda as preferencias na memoria, ou ingresar automáticamente nunha web sen necesidade de identificarnos, pois gardamos os datos no pendrive.

No punto negativo, pois algo malo tiña que ter un producto tan apetecíbel, dicir que só son compatíbeis con Windows 2000/XP/Vista e que a capacidade de gardar detalles da navegación só funciona con Internet Explorer.

Están xa á venda en tres cores/capacidades:

  • Laranxa de 2Gb por 55 dólares.
  • Azul de 4Gb por 68 dólares.
  • Vermello de 8Gb por 139 dólares.

Máis información: Transcend


decTOP, unha chea de posibilidades por menos de cen euros

decTOP

Xa falamos en trebellos do Asus eee e mais do OLPC como alternativas para usuarios con poucos recursos, e hoxe traemos unha nova opción. O decTOP foi desenrolado por AMD fai uns anosdentro do programa 50×15 pra levar a tecnoloxía ós que mais o necesitan, e agora é comercializado pola empresa de New Orleans Data Evolution ó increible prezo de 99$ con rato e teclado incluidos.

Non é un superordenador (a súa tecnoloxía e do 2004) pero pode cumplir ben con moitas funcions co seu procesador de 366 Mhz, 10 Gb de disco duro e 128 Mb de RAM. Podese usar para navegar por internet, como un servidor nunha pequena rede, ou mesmo como centro de ocio multimedia. O decTop ven sen sistema operativo, ainda que se lle pode instalar linux ou mesmo Windows CE para o seu uso. O decTOP tamén é unha alternativa para aqueles que buscades un ordenador sen monitor, controlable remotamente e que poida estar aceso as 24 h do día sen consumir moita enerxía. As súas características son ampliables para quen o necesite.

De seguro unha boa compra, dispoñible na web de Data Evolution.

Mais información : Páxina do produto : Tenda de Data Evolution: Galería de fotos


« Anteriores entradasPosteriores entradas »