Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Wifi na rúa, cada vez máis perto

Wifi Solar

O principal problema que ata o dagora tiñan moitas empresas ou organismos públicos á hora de implantar tecnoloxía sen fíos é o de dispór enerxía eléctrica pra así conectar o punto WiFi. Mais, a empresa Solis Energy (de Orlando, nos Estados Unidos), vende xa no mercado algo que podería funcionar nestos casos.

O que patentaron e venden é un panel solar con baterías que alimentan aos equipos coa axuda da luz solar. Ademáis, se o día é nubrado ou é de noite, ten unhas baterías incorporadas pra que non haxa interrupcións. Polo tanto, aínda que haxa un apagón ou se caian as comunicacións tradicionais, teríamos Wi-Fi pra poder contactar.

Vía: Xataka >> Cnet

Máis información:Solis Energy


Nokia 500, navegador GPS con pantalla de 4.3 pulgadas

Nokia 500

A marca finesa que tradicionalmente vende teléfonos móbiles, de vez en cando nos sorprende con algunha incursión en outros eidos como este, o dos navegadores GPS.

O Nokia 500, presentado hoxe, permite ademais da navegación por satélite, reproducir arquivos multimedia como MP3 e, aproveitando a súa conectividade Bluetooth, usalo de manos libres co teléfono. Ademáis, destaca a súa gran pantalla de 4,3 pulgadas pra non perder detalle de onde imos.

En Europa agardamos ter este navegador no último cuarto do 2007 a un prezo de 300 euros.

En Trebellos: Nokia aposta pola tecnoloxía GPS
Vía: Engadget


Apple iPhone vs Nokia N95

N95 vs iPhoneDende CNET quixeron comparar os dous mellores móbiles que hai agora mesmo no mercado, o Nokia N95 e o Apple iPhone.

Finalmente, para os de CNET, gañou o Apple iPhone por 59 a 56 puntos, aínda que o resultado é moi subxetivo e podemos ter outra opinión. Para chegar a un resultado os de CNET compararon os dous teléfonos móbiles en 5 categorías (rondas): atractivo, navegación, características, calidade do vídeo e da música e calidade das chamadas.

O equipo de CNET que comparou os dous trebellos estaba formado por 3 persoas que puntuaban, cada un independentemente, do 1 ao 5.

Segue lendo »


Cassete MP3 Player, o reproductor do pasado actualizado.

CMPXa empeza a ser coñecida a miña predilección polas cintas de cassete. Se fai uns días falabamos dunha memoria con este aspecto, hoxe tocalle o turno a un reproductor mp3 que semella unha antiga cinta de cassete. O trebello ten dúas funcións, por un lado serve coma un reproductor de mp3 convencional grazas ó uso de tarxetas Secure Dixital, e por outra banda serve para escoitar dende calquer reproductor de cassete como a o do coche ou unha vella cadea musical.

Como reproductor, ten unha interfaz de 7 botons e pode ser recargado con transformador ou vía USB. Como adaptador pra cassete, chega con introducilo e dalle ó play, claro que non poderas avanzar rapidamente polas cancións. O Cassete MP3 player estará dispoñible pronto.

Visto en Digital Drops

Mais información : Páxina do produto


Shuttle SN68PTG6 Deluxe, un barebone para os mais esixentes

SN68PTG6A compañía especializada en barebones Shuttle acaba de anunciar a saida dun novo trebello. O barebone SN68PTG6 Deluxe e un mini ordenador (ordenador compacto mais ben) que soporta procesadores AMD e ata 4 Gb de RAM. O trebello ven equipado con moitos extras: Bluetooth, wifi, e mesmo lector de pegadas dixitais.

Pero a característica principal deste ordenador, e a saida HDMI para conectar a televisores con esa entrada. A interfaz HDMI é de alta velocidade axeitada para visualizar contidos HD ou Full HD nos novos televisores que o soporten. Tamén ven equipado con saidas Dolby HD de oito canales. Esta conectividade avanzada faino candidato para un mediacenter de alta resolución.

O barebone estará dispoñible nas tendas a partires da proxima semana por un prezo de 365 € na versión Deluxe e 278 € para a basica.

Mais información :
Shuttle anuncia os seus novos barebones

Relacionado :
HD Ready e Full HD en trebellos


Foto dos posíbeis novos iPod nano

Posíbeis iPod Nano

Ben, o que vedes aí enriba é unha foto dos supostamente novos iPod nano, que sairían en breve. Sei que en Trebellos é o enésimo rumor que damos da inminente saída dos novos nano, pero por algo será.

Na entrada do blogue que sacou o rumor non atopamos nada pois, según eles, Apple mandou retirar a imaxe. Pero xa foi demasiado tarde. ¿Iso significa que confirman eses nano? A min persoalmente me encantan así, máis cadrados.

Vía: Applesfera


iMirror, un dock para iPod con control sen fíos

iMirror

Eu, que son posuidor dun dos chamados dock con altofalantes pra o iPod, teño o problema sempre que teño que estar ao carón se quero modificar de canción. Isto se soluciona co iMirror, un dock pra o iPod con control remoto sen fíos, que ten unha pantalla LCD cunha interfaz pra seleccionar o que queramos escoitar a distancia.

O límite de distancia pra comunicarnos co mando é de 150 pies de distancia, e ten unha batería de litio que podemos recargar ao poñela no dock. Ademais, a base inclúe conexións S-Vídeo, RCA, audio 3.5mm e mini USB pra sincronizar.

O iMirror funciona cos iPod nano (1G e 2G), iPod (4G e 5G) e ao Mini tamén. O prezo de venta é de 150 dólares e sairá a venda no vindeiro mes de Septembro.

Máis información: iMirror
Vía: iPodTotal


Samsung VP-HMX10A, vídeo en disco duro

Samsung VP-HMX10A

Samsung ven de sacar ao mercado das cámaras de vídeo con disco duro un modelo bastante interesante, polo tamaño e pola capacidade, vexamos.

A nova Samsung VP-HMX10A graba vídeo con calidade de 1280×720 e ademais cun zoom de 10x óptico (moi interesante), podendo almacealo en tarxetas de memoria SD e SDHC (o ideal para as tarxetas de memoria das que falamos).

Este modelo, confirmado pola marca, dará que falar pois se presentará dentro de pouco na feria de tecnoloxía IFA, en Berlín, teremos que estar atentos.

Vía: Engadget


Sony Cyber-Shot DSC-H3, 8 Megapíxeles e Zoom de 10x

Sony Cyber-shot DSC-H3

Se ben estes días o mundo da fotografía anda revolucionado pola saída das novas cámaras de Canon, o xigante Sony non se queda atrás e saca algún modelo interesante pra o público.

A nova Cyber-Shot DSC-H3 trae un sensor de 8 Megapíxeles, un moi bo zoom óptico Carl Zeiss de 10x, unha sensibilidade ISO de ata 3200 e, como soe estar sucedendo cos últimos lanzamentos de esta marca, a posibilidade de sacar as fotos a un monitor de 1080p coa alta definición, mercando o cable da compañía, que custa sobre 30 euros.

Esta cámara ten un prezo de saída de 300 dólares
, que non está moi mal pra a lente que trae e o bo zoom, á venda a partir de hoxe nos Estados Unidos.

Vía: Akihabara News


Toshiba anuncia tarxetas SDHC de 16 e 32 Gb

Tarxetas SDHC de Toshiba

En Trebellos e en xeral neste mundiño suporíamos que este momento chegaría nun intre ou outro, mais cando menos sorprende: o fabricante Toshiba ven de presentar tarxetas de memoria SDHC de 8, pero sobre todo de 16 e 32 Gb.

Como é de supoñer, os prezos de estas tarxetas aínda son elevados, pois a tarxeta de 16Gb vai sair en Outubro por unha cantidade sobre 300 euros, e a de 32GB polo dobre (uns 80 000 yens), se ben baixarán segundo vaia pasando o tempo.

Vía: Engadget Japanese


« Anteriores entradasPosteriores entradas »