Logitech Alto

Logitech sacou fai un tempo unha liña de soportes pra ordenadores portátis chamada Alto se ben agora con este lanzamento quere facer aí­nda máis cómoda a tarefa que algúns temos ao pasar moito tempo escribindo diante dun portátil, e iso é o que pretende o novo Alto Cordless.

Porén, a maior novidade é que inclúe un tegrado sen fí­os, que funcionará enchufando o noso ordenador a un dos tres portos USB que trae a base. Pese a todo, se queres usar tamén o ratón, poderás enchufalo a un dos tres portos anteriormente ditos.

O Alto Cordless pode elevar teu portátil pra unha mellor visión, se ben non é recomendado seu uso con portátis de máis de 15.4 pulgdas. Sairá o vindeiro mes a un prezo de 100 dólares, con un adaptador de corrente pra máis potencia nos USB por 20 dólares.

Ví­a: HardwareGeeks