Canon EOS 40D, lanzada oficialmente

En Trebellos nos fixemos eco a comezos de Agosto dos rumores dunha Canon EOS 40D a finais do mes, como finalmente sucedeu.
Esta cámara ten un sensor CMOS de 10.1 Megapíxeis, saca fotografías tanto en JPEG como RAW, 9 puntos de enfoque, un rango ISO de 100 a 1600, velocidades de disparo de 1/8000 a 30 segundos e rangos de cor sRGB ou Adobe RGB.
Mide 145.5×107.8×73.5 milímetros e pesa 740 gramos, bastante lixeira e manexábel pra as cualidades que ten.
Máis información: Canon
En Trebellos: Canon EOS 40D, a finais de Agosto

Estas cousas pásanme por acelerado… quen me mandará falar antes de tempo. :$