Razóns polas que non mercar un iPod agora mesmo
En Engadget fan unha entrada cunha serie de razóns bastante certas polas cales non sería bo mercar un iPod neste intre, se é o que estamos a pensar.
Principalmente, e diso falamos nos rumores de Trebellos, cada vez hai máis rumores de novos iPod, e ademais:
- O iPhone saiu fai uns meses.
- Os novos iMac xa saíron fai pouco tempo.
- Os actuais iPod 5G sufriron unha pequena baixada de prezos.
Baseándonos sobre todo no último apartado, e sobre todo en que os distribuidores comentan que Apple cada vez manda menos iPods da 5G, todo apunta a que teremos un Outono con novos iPod.
Sobre cómo van ser non se sabe nada a ciencia certa, mais se supón que usará gran parte da tecnoloxía do iPhone, polo que pode estar baseado no Sistema Operativo Mac OS X e ter pantalla táctil, mais o seguro é que pode sair entre Setembro e Novembro, o momento ideal pra ser o producto estrela este Nadal.
Vía: Engadget
En Trebellos: Rumores de novos iPod
En Trebellos: O iPod 6G cada día máis preto… ¿teremos nova interface? Semella que si.
