Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Monster iSlimCharger, carga teu iPod Shuffle

Cargador iSlimSe es un dos posuidores dun iPod Shuffle, aínda que sexa o bañado en ouro seguro que este novo trebello será de utilidade.

O cargador do iPod Shuffle de serie é o cargador que teñen tódolos iPod, consistente nun dock cun cable a un porto USB, polo que ás veces cicais queramos cargalo simplemente a través do porto USB sen usar nengún cable, pois cicais xa teremos suficientes na nosa mesa.

E iso é o que permite este pequeno cargador que, enchufado ao porto USB do noso ordenador e sen ocupar moito espazo nos permitirá cargar a batería sen ocupar demasiado espazo e a un prezo bastante razoable, ao redor de 15 dólares.

En Trebellos: Cuby, pequenos altofalantes pra o iPod Shuffle
En Trebellos: iPod Shuffle de ouro

Vía:SlipperyBrick

Máis información: Web oficial do iPod shuffle


Publicidade

Comentarios