Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Novos modelos de iMac

Novo iMac
Hoxe falábamos do rumor e aí tedes na imaxe o novo iMac de Apple. O tegrado é o mesmo que presupoñíamos dende fai unha semana en Trebellos.

Polo tanto, xa non se van fabricar iMacs de 17 pulgadas, e só se venderán de 20 e 24. As salidas dispoñíbeis serán a de audio, 3 USB 2.0, 1 Firewire 400 e outro 800, 1 Gigabit Ethernet e unha saída de vídeo.

O modelo de 20 pulgadas sae hoxe mesmo ao mercado, con 1GB de memoria RAM e 250GB de disco duro, a un prezo de 1199 dólares; o módelo de 24 pulgadas por 1799 dólares.

Destacaría as posibilidades de aumentar o novo iMac, ata 4GB de RAM e 1TB de disco duro; namentras a velocidade máxima do procesador será de 2.4Ghz 2,8Ghz.

Agardemos que Steve Jobs presente algo máis esta tarde, pero é todo un pracer confirmar productos que en Trebellos comentamos e acertamos fai unhas horas.


  1. Marcus o 8 de Agosto de 2007

    Andrés, a velocidade máxima non será de 2,4 GHz, senón de 2,8 GHz con procesador Core 2 Extreme (os 2,4 GHz é a velocidade máxima do modelo con Core 2 Duo).

  2. Andrés Milleiro o 8 de Agosto de 2007

    Certo Marcus, non caera no modelo superior de 24 pulgadas; graciñas.

Publicidade

Comentarios