Praia de SamilHoxe imos cunha desas novas que, ao menos a min sácanme un sorriso, que é difí­cil nun Luns. Ben, a Xunta de Galicia, Retegal e a Alcaldí­a de Vigo veñen de presentar un proxecto polo cal se vai abastecer de balde ás praias de Samil e O Vao en Vigo de Internet sen fí­os de balde. Soa ben, ¿verdade?

Según comentan, é unha experiencia piloto con vistas a tentar sacar unha rede de praias con cobertura de Internet sen fí­os de balde, algo que penso que poderí­a ser xenial nun futuro, pois todos temos algún tipo de trebello (ben algún móbil, a PDA e algún ata o portátil na praia) que por exemplo nos permitirí­a ler o correo electrónico entre cada baño.

Ao tentar acceder a algunha web dende o navegador de internet, se preguntará polo usuario e contrasinal
, que serán respectivamente retegal e samil27, e a partir de aí­ xa quedaremos autorizados pra a web, algo que semella un tanto complicado, mais maxino que se informará dalgún xeito na praia.

Realmente, unha boa nova pra o avance das novas tecnoloxí­as e da Sociedade da Información en Galicia.
Ví­a: CódigoCero