Canon EOS 40D, a finais de Agosto
Xa comezan a verse fotos da nova Canon EOS40D, a cámara que viría a sustituir á antiga 30D e que supostamente sairía a finais de este mes de Agosto.
Como características principais, se comentan:
- 10.1 megapíxeis de resolución.
- Unha pantalla LCD de 2.5 pulgadas.
- Un sistema de eliminación do lixo no sensor por ultrasons.
- Un sistema de enfoque de 9 puntos.
- A posibilidade de multidisparo a 5 fps.
- Ranura pra tarxetas Compact Flash.
Máis información: Northlight Images
