Evento Apple o 5 de setembro

Apple vén de anunciar un novo evento na súa sede central de San Francisco o próximo mércores para a presentación de novos produtos relacionados coa familia iPod, se atendemos á imaxe que acompaña esta entrada.
A invitación ó evento foi enviada durante esta semana a diversas webs especializadas en tecnoloxía dos Estados Unidos, con certa rapidez motivada pola filtración de imaxes dos novos iPod nano á rede que Apple mandou retirar e das que vos informamos hai uns días en Trebellos.
Segundo diversas webs, no evento tamén podería anunciarse un acordo entre Apple e The Beatles para a distribución na Apple Store da súa discografía, xa que a frase que acompaña a invitación “The beat goes on” foi a que empregaron os músicos na súa carta de despedida. Tamén se prevé a presentación da venda de películas e series no continente europeo, dispoñible xa dende comezos desta semana no Reino Unido.
Vía: AppleWeblog








