A nova PSP Slim, por 169 euros

Fai uns días se presentou unha nova versión da portátil de Sony, a Playstation Portable, mais é agora nestes días cando se desvelan os datos suficientes sobre esta actualización que pode dar que falar.
A nova PSP é un 33% máis lixeira e un 19% máis fina, e ademais conta con unha saída de vídeo pra poder xogar, por exemplo, nun televisor .
Os tempos pra cargar melloraron bastante e ten unha autonomía destacada, probábelmente pra loitar contra a súa principal rival, a Nintendo DS, que destaca pola súa batería.
A nova PSP estará á venda en negro, en plata, e nunha edición da Guerra das Galaxias, a partir de 169 euros. Non se sabe data de saída ao mercado, pero se comenta Setembro como data probábel.
Máis información: Vídeo da PSP Slim
Philips ven de presentar un Sistema de Música sen fíos a través de Bluetooth bautizado co nome de BTM630.

Acaba de sair ao mercado a nova 
Agora que chega o verán chegan con el as cancións do verán que non paran de soar na nosa cabeza. Moitas destas cancións que soan na nosa cabeza non sabemos nin o seu nome nin o seu artista e case non podemos conciliar o soño ata que non damos co titulo da cancionciña de marras.


