Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Este pode ser o novo teclado do iMac

Novo tegrado do iMacEn Engadget presentan unha galería de fotos do que pode ser o teclado ultra-fino do novo iMac que, en teoría, aparecerá ó longo do mes que ven cun renovado deseño.

O teclado ten claras semellanzas co que incorpora o MacBook, o cal fai pensar que Apple anda na procura dun deseño común para as súas máquinas “de consumo”.

Coma sempre, aparecen as sospeitas de se se trata dun “fake” ou non, aínda que moitos lle dan bastante credibilidade.

¿É cómodo un teclado fino coma este para unha máquina de sobremesa? Nota curiosa… cargáronse a tecla da mazá!


  1. An o 29 de Xullo de 2007

    si que é interesante si..sobor de todo por que teño pensado merca u mac :) Saudos

  2. Marcus o 30 de Xullo de 2007

    Eu non gusto nada dun teclado tan plano, pois así é moito máis difícil teclear.

Publicidade

Comentarios