Blackberry 8820, por fin a Blackberry Wi-Fi
Acaba de sair ao mercado a nova BlackBerry 8820.
Como principal novidade incorpora algo que se lle viña pedindo dende fai moito tempo a este tipo de trebellos: a conectividade Wi-Fi.
Ademais diso, esta Blackberry conta con GPS, ao igual que tódolos modelos da serie 8800 e tamén con BlackBerry Maps.
Polo demais ten as características ás que xa estamos acostumados: é un teléfono cuatribanda soportando GSM, GPRS e EDGE, así como o soporte para o “push-mail” tradicional das BlackBerry.
Tamén ten un lector de tarxetas incluído que lle permiten almacear ata 32GB de ficheiros almaceados en tarxetas microSD e microSDHC.
Máis información: Sitio oficial
Máis información: Revisión no blogue de Enrique Dans
