Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Logitech MX Air Mouse, o novo rato de Logitech

mx air
Logitech presentou o seu novo modelo de rato MX Air Mouse que ven de revolucionar o concepto de perifericos para os ordenadores. O novo rato, que estará dispoñible a partires do próximo mes usa unha novia tecnoloxía de seguimento por laser que lle permite manexalo no aire, ó mais puro estilo do mando da Wii de Nintendo. Ademais, tamén funciona como rato normal sen fíos.

Estas novas funcionalidades supoñense moi comodas para as presentacions multimedia e porque non, para os media center onde non existe unha postura axeitada para mover o rato sobre da mesa. Parece que os movementos conseguidos son bastante realistas e que usara “gestures” ó mais puro estilo dos navegadores modernos.
O rato terá un prezo de saida de 150 $.

Mais información
: Logitech


Publicidade

Comentarios