Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

USB Fragance Oil Drive, chegan os USB aromáticos

usb aromaSe hai algo do que nunca ouvira falar no mundo dos USB é dos aromas. Agora grazas a este novo trebello podemos cheirar aromas agradables cando estemos diante do ordenador.

O USB Fragance Oil Dirive é un trebello USB que ao conectalo ao ordenador emite unha fragancia. Con só botar unhas pingas do aroma no trebello comezará a emitilo, con 4 ou 5 veces que se bote arome xa chega para todo o día. Ven con fragancia a rosas ou a herbaboa, aínda que supoñemos que servirá calquera fragancia que ti lle queras poñer.

Por 7 dólares, é dicir, 5 euros aproximadamente, este pode ser un bo trebello para as persoas que queiran cheirar ben cando traballan diante do ordenador. Eu penso que este trebello debería ser obrigatorio para todas os participantes das partys, polo menos para disimular

Visto en Gizmologia.
Máis información: USB Geek.


Este pode ser o novo teclado do iMac

Novo tegrado do iMacEn Engadget presentan unha galería de fotos do que pode ser o teclado ultra-fino do novo iMac que, en teoría, aparecerá ó longo do mes que ven cun renovado deseño.

O teclado ten claras semellanzas co que incorpora o MacBook, o cal fai pensar que Apple anda na procura dun deseño común para as súas máquinas “de consumo”.

Coma sempre, aparecen as sospeitas de se se trata dun “fake” ou non, aínda que moitos lle dan bastante credibilidade.

¿É cómodo un teclado fino coma este para unha máquina de sobremesa? Nota curiosa… cargáronse a tecla da mazá!


Medison Celebrity, un portátil por só 114 euros

Medison Celebrity

Esto que vedes é o Celebrity, un pc portátil da empresa sueca Medison, que alí só custa $150.

De fábrica ven con Fedora Linux e un procesador Intel Celeron de 1.5 GHz, cunha pantalla de 14 pulgadas e resolución máxima de 1280×768 píxeles, ademais de ter tamén 256Mb de Ram e un disco duro de 40GB.

Destacaría tamén a conectividade Wi-Fi 802.11g, polo que pode ser unha boa alternativa pra levalo connosco e poder ler o correo ou navegar pola rede alí onde estemos.

Visto en: Digital Drops
Máis información: Web oficial do producto


Chegan os discos duros de 2′5 con 300 Gb

HD 2'5Andrés Milleiro nos comentaba que os discos duros de 2′5 polgadas, os máis pequenos, só chegaban a ter unha capacidade de 120 Gb aproximadamente. Iso era antes. Este mes sairon novos discos duros (ou discos ríxidos, como prefirades) de 2′5 polgadas e cunha capacidade de 300 Gb.

Este tipo de discos duros como xa diciamos en Trebellos.org teñen o tamaño físico da palma dunha man pero o seu tamaño virtual era tan só de 120 ou 200 Gb aproximadamente. O que os convertía na mellor opción á hora de mercar un disco duro para levar dun lugar a outro, pero non na mellor opción á hora de mercar un disco duro portátil para almacenar ficheiros. Este tipo de discos duros so precisan dunha conexión USB, xa que dende o cable USB transfiren tanto datos coma electricidade.

Por 170 € temos o disco duro de Fujitsu, unha boa marca que ademáis de ofrecernos 300 Gb nos ofrece tamén unha velocidade de 4.200 rpm e un sistema anti-golpes. É o da primeira imaxe.

Os dous díscos duros da última imaxe son os da compañía Buffalo (de Xapón) que se venden por 230 €. Algo máis caros que os de Fujitsu pero que teñen a mesa funcionalidade e capacidade.

HD 2'5

Os discos duros de 2′5 polgadas son máis pequenos que os normais (de 3′5 polgadas), agora teñen a mesma capacidade virtual o que, nun principio, fai pensar que son mellores os de 2′5 pero a gran diferenza entre os dous tipos de discos duros é o seu prezo, os de 2′5 son moito máis caros que os de 3′5, polo que á hora de mercar un disco duro hai que ter moi claro para que o queremos e que caracteristicas (tamaño?) precisamos que teña.

Visto en Engadget e en Akiahabara News.


D-Link DUB-9240, hub USB sen fíos

DUB-9240

O fabricante D-Link ven de lanzar ao mercado un hub USB sen fíos, algo que pode revolucionar por completo o xeito no que conectamos os nosos periféricos e demais trebellos ao ordenador.

Se ben esta tecnoloxía non está aínda moi implantada, os de D-Link tamén venden un adaptador pra inserilo nun porto USB do noso ordenador e ter así conectividade USB sen fíos. O hub permite conectar ata catro dispositivos a unha distancia máxima de 9 metros e velocidades de ata 480 MBits /segundo que, como soe suceder nas conexións sen fíos, dependerá dos obstáculos e demais.

Este interesante trebello sairá nos últimos meses do 2007 a un prezo de 220 dólares o hub e 120 dólares o adaptador.

Vía: Xataka


Pasa os teus negativos e diapositivas a formato dixital

Digital Converter

Este trebello é o ideal para os fotógrafos aficionados e profesionais que usan, ou que usaron algunha vez, unha cámara analóxica. O Slide And Negative To Digital Picture Converter permite convertir os negativos (de 35mm) das túas fotografías ou as diapositivas nunha imaxe dixital, simplemente colocando os negativos (ou diapositivas) no trebello e conectando este por USB ao ordenador.

O trebello ten un sensor CMOS de 5 megapíxeles para convertir as imaxes en imaxes dixitais con 10 bits por canle de cor escaneadas a 1829 dpi. Este conversor usa un foco fixo que fai axustes automáticos no control de exposición e no balance de cores o que permite conseguir imaxes dixitais sen perda de resolución.

O seu prezo é de 99′95 dólares, o que veñen a ser uns 72 euros aproximados.

Visto en Digital Drops.
Máis información: Hammacher Schlemmer.


Novo deseño en Trebellos.org

TrebellosAproveitando o 25 de Xullo, Día de Galicia, dende Trebellos.org lanzamos unha nova imaxe do noso weblog.

Queremos dárlle un novo pulo e unha nova imaxe ao proxecto e que mellor que elexir este día para a presentación do novo deseño. O deseño de cores laranxas, suaves e claras quere mellorar a lectura das novas que publicamos.

Andrés Milleiro ademáis de ser editor e propulsor da idea de Trebellos.org, é tamén o responsable do novo deseño.

Sen máis, agardamos que vos guste este novo deseño e que continuedes atentos a este weblog.


Cres que o CD de música é un formato caduco? Disney quere convencerche do contrario

A compañía do rato Mickey parece disposta a resucitar a un formato moribundo, que non deixa de caer en picado fronte as descargas da rede (de balde ou de pago). E faino… ¿innovando? Pois non está claro.
Acaban de presentar a través dunha das súas firmas discográficas, Hollywood Records, un novo formato de CD con “extras” multimedia, ó que bautizaron como CDVU+.

¿E que clase de extras trae o CDVU+ para que definitivamente deixemos de lado as descargas? ¿Máis calidade de son? ¿Menor prezo? Que sei eu… ¿saídas para cinco altofalantes?
Segue lendo »


O iPod 6G cada día máis preto… ¿teremos nova interface? Semella que si.

rodaOs avogados da empresa da mazá ordenaron a retirada dun vídeo aparecido na páxina MacRumors, no cal se presentaba a que supostamente será a nova interface do iPod.

As dúbidas sobre o futuro do trebello máis exitoso da última década trala aparición do iPhone -ese parente incómodo ó que todos esperaban e que se leva todas a atencións- diminúen segundo se achega o lanzamento do novo iPod. Nin haberá fagocitación do iPod polo iPhone nin se converterá nun iPhone sen teléfono.

O iPod manterá a súa esencia, aínda que a súa interface se iPhonizará un chisco, no tocante ó seu deseño e estilo dos menús.

Segue lendo »


Intel Extreme, novos procesadores pra os portátis

Intel Core 2 ExtremeIntel ven de presentar un procesador móbil con doble núcleo Intel Core 2 Extreme pra os equipos máis potentes, especialmente pra aqueles indicados pra xogar.

O procesador Intel Core 2 Extreme X7800 ten núcleos que funcionan a unha velocidade de 2,6 GHz.

Conta ademais coas tecnoloxías Enhaced Deep Sleep, que conserva mellor a enerxía cando non está funcionando; Advanced Media Boost, que permite optimizar ao máximo a edición de vídeo, fotografías e música, así como que agora a velocidade de reloxo pode ser acelerada polos fabricantes, algo que antes estaba desactivado en hardware nesta clase de procesadores.

Máis información: Web oficial de Intel Extreme


Posteriores entradas »