Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

PenCam GPA76, o boligrafo espía

PEnCamPara todos os que necesitan unha videocamara camuflada, o PenCam GPA76 pode ser unha boa opción. Tratase dunha camara agochada nun boligrafo, de tal xeito que pasa totalmente desapercibida. A PenCam é capaz de transmitir imaxes en cor ata un receptor para que poidamos visualizalas nun ordenador ou na tele, situado ata 100 metros do emisor e poder así espiar sin ser vistos.

Un trebello curioso que fará as delicias do voyeur que levamos dentro por uns 450 €.
Mais información:Digital Drops

Páxina da tenda Maplin


SysMaster Tornado M20: O video teléfono con Linux

SysMaster Tornado M20

A empresa Sysmaster acaba de sacar ao mercado este video teléfono de catro liñas IP capaz de grabar as conversas de vídeo e audio e baseado completamente en Linux, no Kernel 2.6.19.

O teléfono IP ten 32Mb de RAM, xunto cunha pantalla LCD de 3.5″ e conectividade Wi-Fi 802.11B. Pra chamar vía VoIP podemos usar un servidor PBX ou ben usar o estándar VoIP basado en SIP.

Destaca ademais o teléfono pola canle RCA analóxica e saída estéreo, polo que podemos exportar a sinal a outro trebello, Ethernet, 802.11b e mini jack pra auriculares e micrófono.

Destacar cicais o alto prezo deste teléfono de VoIP, que é de 260 dólares, elevado mais acorde un pouco ás características que ten.

Vía: Chuza!


Ruxe-ruxe: o iPhone unha videoconsola portátil?

Nintendo AppleCada día chegan novos rumores sobre o iPhone (do que xa falamos moito en Trebellos.org) pero este é especial, xa que lle abre ao iPhone un novo mercado, os videoxogos.

Seica (aínda son rumores) Nintendo e Apple pensan sacar videoxogos para o iPhone. O que convertiría ao iPhone nun posible competidor da PSP e Nintendo DS, pero como o que fabricaría os xogos sería a compañía Nintendo supoñemos que estes non serán comparables á calidade dos videoxogos das consolas portátiles por iso de non botarse pedras contra o seu propio tellado. pero iso si, os xogos para o iPhone supostamente serán exclusivos.

Os rumores que relacionan a Apple e a Nintendo non son nada novos, pero pode que coa chegada do iPhone convírtanse en realidade. Quén sabe?

Visto en Meristation.


Xa vai quedando menos pra o iPhone

iPhoneFai un tempo aquí en Trebellos falamos do iPhone, o primeiro móbil de Apple, que sairá ao mercado en Estados Unidos nunha semana.

Porén, a medida que vai chegando a data de saída, na web oficial do iPhone a marca norteamericana vai sacando máis videos, máis datos e máis novidades sobre o que na miña opinión pode ser o trebello do ano.

Ademais dos anuncios do iPhone na TV americana podemos ver unha galería de imaxes ou unha vista rápida sobre tódalas funcións que ten, destacando a de teléfono , a de iPod ou a de trebello pra acceder a internet.

Máis información: Web oficial do iPhone


Samsung SGH-F210

Samsung SGH-F210A marca de móbiles Samsung publicou a nova serie de teléfonos F, auténticos trebellos multimedia pra escoitar algo de música cando non te chaman. Presentou dous modelos, o SGH-F210 e o SGH-F200; a única diferenza é que o primeiro é idéntico ao segundo pero con son 3D.

Debido ao particular deseño que teñen só traen unha pequena pantalla de 1,5″, ademais dun gigabyte pra almacear música, cun slot pra tarxetas opcionais MicroSD, polo que podemos ampliar esta memoria a 2GB pra almacear o vídeo en formato MPEG4 que captura. Tamén conta con conectividade GSM/GPRS, Bluetooth 2.0 e cámara de 2MPx.

Máis información: Movilae


Logitech Kinetik Backpack, a mochila ideal pra levar os trebellos

Logitech Kinetik Backpack

Hai intres nos que asistimos a reunións, a congresos, ou simplemente queremos ir a algures cos nosos trebellos: que se a cámara dixital, que se o portátil; en ocasións con problemas no seu transporte. Logitech acaba de anunciar a futura saída ao mercado dunha mochila na que poderemos transportar os trebellos dun xeito cómodo.

A mochila en cuestión vai saír á venda de dous xeitos: como mochila propiamente ou como carteira/maletín, non podendo transportar en ningún caso un portátil de máis de 15.4 pulgadas, como soe ser frecuente neste tipo de accesorios.

Ademais, os dous modelos teñen bolsillos pra outros trebellos como o iPod, a cámara de foto, algúns cargadores, cables…e todo aquilo que necesariamente temos que transportar.

Estes dous accesorios comezarán a venderse dende Logitech.com en Setembro e a partir de 99 dólares.

Vía: Gizmología


Epoq EMP-CVWD-2, vídeo no teu reloxo

Videoreloxo

Saiu ao mercado o Epoq EMP-CVWD-2, que é nada máis e nada menos que un reloxo cunha pantalla de 1,8 pulgadas, o que constitúe unha nova xeración de reloxos.

Nel poderemos ver fotografías, vídeos en formato .MP4 (o mesmo que usan trebellos como a Sony PSP ou algúns móbiles) ou escoitar música MP3 ademais de, por suposto, saber a hora.

Como é de supor, o reloxo ten memoria interna, que polo dagora é de 2Gb, se ben a empresa indica que próximamente sacarán a versión de 4GB. A primeira versión xa está a venda por 150 euros.

Máis información: Wrist Dreams


Roboquad, o centolo robótico

roboquadO Roboquad e un robot con deseño de artrópodo que foi presentado o pasado Xaneiro pola empresa WowWee e que sairá a venda en Agosto. O Roboquad ten catro patas e un chasis mobil que lle permite moverse e interactuar sobre calquer superficie. A cabeza tamén e mobil e leva os sensores de son, luz e infraroxos. Ven cun mando a distancia dende onde se poderán programas os seus 40 movementos distintos pra facer interaccións mais complexas como danzas. Disque o roboquad e identificar o tamaño dos obxetos e reaccionar rapidamente.

Cos axustes poderemos cambiar entre os seus modos de actividade e agresividade para alterar a súa personalidade e comportamento. Pode servir como centinela dun cuarto, ou poderemoslle adosar unha minicamara para sitios escondidos. Roboquad venderase a uns 119 €.

Mais información : Roboquad


Auriculares Bluetooth Nokia, tres novas opcions

BH-604Para os que queiran mercar un auricular Bluetooth para o seu mobil, Nokia ven de presentar tres modelos na súa amplia gama destes trebellos.
O Nokia BH-803 e un pequeno pero elegante auricular con altas prestacions en tan só 11 gramos pero a uns 120 €. O Nokia BH-602 representa o continuismo na gama de auriculares cun deseño similar e, iso si, moitas funcions (colgar, descolgar, rexeitar) e ata atcivación por voz a un prezo mais razoable duns 70 €.
Mais innovador son os BH-604, primeir auricular bluetooth cun deseño similar ós de audio que non nos ten afeitos. Estos auriculares supoñen unha aposta polos clientes mais esixentes en canto a calidade de son, e son os unicos que virán con Bluetooth 2.0, mais enfocados a escoitar música. Estes auriculares custaran uns 120 €.

Mais información : Nokia


Samish SBS 6600, altofalantes Bluetooth

Samish6600Se ben non son os primeiros altofalantes sen fíos dos que falamos en Trebellos, acaban de saír á luz uns novos altofalantes de este tipo, que transmiten por Bluetooth.

Os SBS 6600 de Samish, que é como se chaman estos altofalantes, teñen unha potencia de saída de 1,2w por canal, un punto intermedio entre uns altofalantes normais un ordenador e un altofalante que poida ter calqueira dispositivo móbil como un teléfono.

Ao ter Bluetooth solucionamos o problema dos cables
, se ben advertimos que, como calqueira trebello con esta conectividade, vai consumir bastante batería, polo que recomendamos un adaptador de corrente cando se use no outro trebello.

Estes altofalantes xa se atopan á venta por un prezo de 80 euros.


« Anteriores entradasPosteriores entradas »