Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Logitech QuickCam Pro 9000, a primeira con óptica de Carl Zeiss

QuickCam Pro 9000

Logitech acaba de presentar a nova webcam QuickCam Pro 9000, que introduce un gran avance ao usar por primeira vez unhas lentes Carl Zeiss (como as que levan moitas cámaras Sony ou o Nokia N95), en lugar das lentes plásticas que se usaban comunmente ata o dagora.

Por tanto, con esta muda de lentes, a nova QuickCam Pro 9000 permite grabación en calidade HD a 960×720 píxeles e a posibilidade de facer fotografías a unha resolución de 1600×1200 píxeles sen interpolación, pois conta cun sensor de 2 Megapíxeles.

Esta boa webcam, que conta ademais con micrófono integrado, sae este pŕoximo mes de Xullo por 99 dólares.

Vía: Gizmología
Máis información: Logitech


Publicidade

Comentarios