Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Orange Wind Generator, cargador eólico para mobiles

OWC
A compañía de telecomunicacións Orange xunto coa paxina Gotwind.org ven de probar un prototipo de cargador de telefonos mobiles que funciona con enerxía eólica. O trebello é capaz de cargar unha batería en apenas duas horas (sempre que sopre o vento, claro), e foi testado no festival de Glastonbury días atras. Con só 150 gramos de peso, é ideal pra levar de acampada ou á praia onde adoita soprar o vento pra movelo.

Visto en Digital Drops
Mais información : Orange Wind Generator


  1. JaVi o 28 de Xuño de 2007

    Iso podería ter boa saída na nosa terra, nunca para de soplar o vento…
    Aínda que onde estea un cargador de coche e outro da casa, que se quite o resto :)

  2. xocoso o 28 de Xuño de 2007

    incluso podería ter máis utilidades…

  3. Seve o 28 de Xuño de 2007

    Queremos un en Seiruga XA!

Publicidade

Comentarios