Nintendo AppleCada dí­a chegan novos rumores sobre o iPhone (do que xa falamos moito en Trebellos.org) pero este é especial, xa que lle abre ao iPhone un novo mercado, os videoxogos.

Seica (aí­nda son rumores) Nintendo e Apple pensan sacar videoxogos para o iPhone. O que convertirí­a ao iPhone nun posible competidor da PSP e Nintendo DS, pero como o que fabricarí­a os xogos serí­a a compañí­a Nintendo supoñemos que estes non serán comparables á calidade dos videoxogos das consolas portátiles por iso de non botarse pedras contra o seu propio tellado. pero iso si, os xogos para o iPhone supostamente serán exclusivos.

Os rumores que relacionan a Apple e a Nintendo non son nada novos, pero pode que coa chegada do iPhone conví­rtanse en realidade. Quén sabe?

Visto en Meristation.