nokia6500Nokia ven de presentar alguns móbiles novos. O esperado Nokia 8600 Luna, e os novos 6500 classic e 6500 Slide.

O Nokia 8600 Luna e un terminal de alta gama construido en aceiro inoxidable e cristal afumado e cunhas prestacions mais que dignas: cuatribanda, bluetoth, camara 2 Mpixels, conector microUSB e 1 Gb de memoria interna. O seu prezo tamén será de altos vós, xa que sairá ó mercado a 700€, un prezo non moi xustificable agás polo seu deseño.

Os mais modestos Nokia 6500 están tamén fabricados en aceiro inoxidable, e as súas caracterí­sticas son semellantes ainda que é tribanda. Sairá ó mercado en dúas versions, o modelo Slide (cun sistema semellante ó N95) por 429€ e o modelo Classic por 370€.

Os tres modelos sairán á venda no terceiro trimestre deste ano.

Visto en
Xataka
Mais información
: Nota de prensa do Nokia 8600 Luna | Nokia 6500 series