Zoom analóxico nos móbiles
A fotografía a traves do teléfono móbil é moi limitada, as lentes non son de boa calidade. Os aficionados á fotografía que usamos o móbil para captar esos instantes especiais nos damos de conta. Brando parece que tamén se deu de conta e lanzou uns telescopios para os móbiles.
Con estos trebellos podemos facer fotografías cos nosos móbiles cun zoom analóxico de ata 6x, o que mellora moito a calidade da foto se a comparamos cunha foto con zoom dixital.
As lentes telescópicas están dispoñibles a un prezo de só 19 dólares para os móbiles Nokia N70, Nokia N72, Nokia N73, Nokia 5300, Nokia 6230, Nokia 6230i, Nokia 6600, Nokia 6630, Nokia 6680, Nokia 6681, Nokia 7610, Sony Ericsson W550i/W600i, Sony Ericsson K750i, Sony Ericsson K800i, Sony Ericsson W800i, Sony Ericsson W810i, Motorola RAZR V3 e Motorola KRZR K1.

Máis información: Brando Nokia | Brando Sony Ericsson | Brando Motorola.


Eiquí tedes ao Nokia 8600, un modelo de Nokia aínda sen confirmar, pero xa con suposta fotografía.

Entre os moitos trebellos que acumulamos ao noso redor, é raro que pensemos nunha bicicleta coma un deles. Pero esta que vos amosamos hoxe ten ese componente gadget que nos fai botarlle máis que un ollo. E non só por tecnolóxica, senon por ser unha opción a considerar para os que vivimos en cidades pequenas, e quixeramos deixar de tirar do coche en busca de aparcamento.
Hoxe
Seguro que hai reproductores de mp3 con mais capacidade e prestacions, pero este trebello e ben curioso. Tratase dun reproductor MP3 con forma de balón de futbol que se pode levar enganchado ao chaveiro. As características son básicas: nos seus 4.5 cm de diametro, alberga memoria dende 256 Mb ata 1 Gb e dispón de sintonizador de radio e 30 memorias para emisoras.