Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Sanyo Xacti E1, grava videos cando chove

Sanyo Xacti E1Sanyo acaba de lanzar a que, segundo eles, é a primeira videocámara sumerxible para uso doméstico. Esta é a Xacti E1.

Esta videocámara é perfecta para gravar videos cos teus amigos un día de choiva, xa que aínda que se molle non lle vai pasar nada. Resiste a choiva (tan común por estes lares) grazas a que resiste 1 metro e medio baixo a auga durante 1 hora aproximadamente. O que fai que poidas usar a cámara un día de choiva ou un día de calor na praia ou na piscina.

Permite gravar video en diferentes resolucións e modos como o TV-SHQ a 30 fotogramas por segundo ou o modo WEB-HQ a 15 fotogramas por segundo. A cámara garda os videos en formato MPEG4 co codec AVC/H.264 que é un 25% máis eficiente que o codec que usan as outras cámaras do modelo Xacti.

A Xacti E1 tamén permite sacar fotos cunha resolución de 10 Megapíxeles, incluso mentres estamos a gravar video, en formato .JPG. E grazas a que é compatible con tarxetas SD e SDHC pode gardar 10 horas de vídeo nunha tarxeta de 8 Gb.

Visto en Ounae.
Máis información: Nota de prensa de Sanyo.


Botella-lámpara solar

Un trebello que agradará a máis dun sedento noctámbulo. Ou aos campistas que queiran optimizar recursos. Un pequeno panel solar recarga durante o dia a bateria, permitindolle varias horas de luz. O mellor é máis sinxelo: poderemos beber a escuras.

Cunha capacidade de 1 litro, pode ser o noso complemento imprescindible nesas longas noites de inverno. Ainda que, ben pensado, poderianselle dar outros usos…

Máis información: Firebox.com


Achégase a peli dos Simpson… e a Xbox vaise preparando

simpsonsxboxTrátase dunha edición especial da Xbox 360, limitada a 100 unidades e ofrecida en eventos especiais, moi probablemente en forma de sorteo, pero a verdade é que os Simpson-maníacos estaríamos ecantados de facernos cunha delas.

O que está claro é que vai a ser unha das poxas estrela en eBay en canto se distribúan unhas cantas delas.


Casion EXILIM EX-Z1200

EZ-ZX1200Casio acaba de entrar no mercado das compactas de 12 Megapixels co seu modeo EXILIM Zoom EX-Z1200. Este modelo presenta, ademais do seu CCD de 1/1,7 pulgadas, estabilizador de imaxe “CCD-Shift” e procesador de imaxe mellorado para sacarlle o maior rendemento a esa enorme cantidade de pixeles. Este trebello dispón de “Auto tracking-AF”, un autofocus continuo que nos axudará a sacar boas tomas.

A camara tamén grava video, comprimido no formato H264 que se pode ver na súa pantalla panorámica de 2.8 pulgadas. A camara usa almacenamento SD, e será preciso unha tarxeta ben grande para dar cabida aos 8 Mb que pode chegar a ocupar cada foto.

Visto en Que sabes de

Mais información : Nota de prensa Casio España


Mercado Libre?

olpcO trebello por excelencia para os nenos de moitos paises do Terceiro Mundo vai ser, se non pasa nada, o OLPC (”One Laptop Per Child”, “un portatil para cada cativo”). O proxecto xa pasou polas etapas de deseño, promoción e financiamento, e esta a piques de comezar a súa distribución. A mellor proba do éxito é que xa lle sairon competidores, coma o Classmate que hai ben pouco presentou Intel.

A “guerra de fondo” pódese seguir nos dous frentes posibles: o procesador e o sistema operativo. O OLPC leva AMD e GNU/Linux, e o Classmate Intel e Windows.

Os consumidores, polo común, somos os beneficiarios das loitas comerciais. Pero neste caso, sera posible que os nenos do mundo adiante queden sen trebello polos enfrontamentos nas “alturas”?

Máis información: Gizmodo.


USB Mini Fridge, bebidas frías por USB

USB Mini FridgeO USB Mini Fridge é un trebello dos que eu chamo trebellos refrescantes, que son ideais para veráns moi calurosos. Xa falamos antes en Trebellos.org dos ventiladores USB pero de pouco serve un ventilador se non vai acompañado dunha bebida fría.

Brando nos trae unha neveira por USB para manter fría as nosas bebidas, ten o espazo xusto para unha lata que grazas aos 5V do USB poderá estar en 5 minutos a 8′5 graos centígrados, que non está mal para unha bebida ben refrescante.

Cun prezo de 33 dólares este trebello será o noso mellor aliado nos días de calor deste verán. Ler Trebellos cun refresco frío non ten prezo.

Visto en Xataka.
Máis información: Brando.


Enano e2, o pc mini

enanoXa tardaba en saír un mini-pc ó estilo dos Mac mini. O Enano e2 ten toda a pinta do Mac mini co seu pequeno tamaño e aspecto de caixa. Pero esta caixa esconde procesadores dende 1,8 ata 2,16 Ghz, un disco duro de 80 a 160 Gb, conexión wifi e ata un sintonizador de televisión. O Enano e2 tamén leva lector de tarxetas e portos USB e Firewire.

Segundo comentan os seus fabricantes, e moi silencioso e potente, o trebello perfecto para ter conectado ó noso televisor. Ainda que o seu prezo, resultanos un pouco esaxerado, sobre todo comparandoo co seu rival de apple. O Enano e2 mais básico custa 649,99 $ ata os 1824,99 $ do modelo grande.

Visto en Codigo Cero

Mais información | Paxina do produto


Xa se pode reservar o tecrado Optimus Maximus

Tecrado OptimusXa se pode reservar dende estes intres o tecrado Optimus Maximus, un tecrado que leva xa un tempo dando que falar no sector tecnolóxico pola novidade que supón, pois cada unha das tecras é unha pequena pantalla OLED, co que iso supón.

Por tanto, podemos ter tecras configurábeis cos programas que máis usemos no noso ordenador, podendo acceder rápidamente pulsando un só botón. Como era de agardar, tanta novidade non pode ter un prezo moi axustado, e se anunciou que o prezo final será de 1.256 euros, non apto pra calquera bolsillo.

Pra quen estea interesado, publicamos a lista enteira de características que este peculiar teclado ten:

  • Dimensións: 537 x 173 x 38 milímetros
  • Tecnoloxía OLED en cada unha das 113 tecras.
  • Resolución de cada tecra: 48 x 48 píxeles.
  • 10 imaxes por segundo, e 65.536 cores.
  • Compatíbel con Windows e Mac OS.
  • Máis información: Art Lebedev


Clocky, o espertador con rodas

Clocky Clocky é un trebello moi curioso. Como podedes comprobar é un espertador con rodas, algo fóra do común.

E para que serve un espertador con rodas? Pois para conseguir que te levantes á hora adecuada. Clocky dáche unha soa oportunidade para que te levantes, se apagas a alarma (snooze) o espertador salta da mesiña de noite e anda por toda a habitación ata esconderse, algo así como unha mascota.

Clocky existe en 3 cores (branco, aqua e menta), funciona a pilas, pode saltar dende unha altura aproximada de 1 metro, é capaz de andar sobre madeira e moqueta e o seu prezo é de 50 dólares. Por suposto, se non queres que rode podes quitarlle as rodas.

No YouTube podemos ver varios videos sobre o Clocky, incluido o anuncio comercial.

Máis información: Nanda (páxina do produto).


Paquete deportivo Nike + iPod, a correr!

nike+ipodAgora que ven o bo tempo, e os días son mais longos e bo momento para recordar o Paquete deportivo Nike+iPod. Tratase dun conxunto formado por un sensor que se coloca nas zapatillas e un receptor que vai enganchado ao iPod para levar conta dos detalles da nosa carreira. Na pantalla da iPod veremos o tempo que levamos correndo, a distancia recorrida, a velocidade e as calorías que queimamos, e poderemos gardar toda esa información no noso ordenador, ou compartila na paxina Nikeplus. Segundo esta paxina, os usuarios deste trebello levan recorrido 25 millóns de kilómetros ata o momento.

Poderemos adquirir o Paquete deportivo Nike+iPod nas tendas apple por 29.95 € e a correr co noso iPod!

Mais información | Páxina do producto


« Anteriores entradasPosteriores entradas »