Casion EXILIM EX-Z1200
Casio acaba de entrar no mercado das compactas de 12 Megapixels co seu modeo EXILIM Zoom EX-Z1200. Este modelo presenta, ademais do seu CCD de 1/1,7 pulgadas, estabilizador de imaxe “CCD-Shift” e procesador de imaxe mellorado para sacarlle o maior rendemento a esa enorme cantidade de pixeles. Este trebello dispón de “Auto tracking-AF”, un autofocus continuo que nos axudará a sacar boas tomas.
A camara tamén grava video, comprimido no formato H264 que se pode ver na súa pantalla panorámica de 2.8 pulgadas. A camara usa almacenamento SD, e será preciso unha tarxeta ben grande para dar cabida aos 8 Mb que pode chegar a ocupar cada foto.
Visto en Que sabes de
Mais información : Nota de prensa Casio España

8 XB!!! CARALLO :S
Loxicamente, era un erro meu. Son 7,87 MB o que ocupa unha foto á máxima resolución. Disculpas.