USB Mini Fridge, bebidas frías por USB
O USB Mini Fridge é un trebello dos que eu chamo trebellos refrescantes, que son ideais para veráns moi calurosos. Xa falamos antes en Trebellos.org dos ventiladores USB pero de pouco serve un ventilador se non vai acompañado dunha bebida fría.
Brando nos trae unha neveira por USB para manter fría as nosas bebidas, ten o espazo xusto para unha lata que grazas aos 5V do USB poderá estar en 5 minutos a 8′5 graos centígrados, que non está mal para unha bebida ben refrescante.
Cun prezo de 33 dólares este trebello será o noso mellor aliado nos días de calor deste verán. Ler Trebellos cun refresco frío non ten prezo.
