Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

A FNAC vai abrir tenda na Coruña

fnacSerá a primeira tenda que esta cadea de distribución francesa de libros, discos, e produtos tecnolóxicos abra no noso país. A inauguración será o 19 de Xuño, trátase dun local de 2500 metros na Praza de Lugo que terá un papel como centro cultural, xa que nel celebraránse exposicións e presentacións de libros, entre outras cousas.

Fonte: culturagalega.org a través de Chuza!


  1. Javi o 14 de Maio de 2007

    Non é a primeira xa que hai outra en Madrid dende fai algún tempo. Saúdos

  2. Jose Lourido o 14 de Maio de 2007

    referíame a que é a primeira que teremos no país… galego.

    A nivel estatal, hai outras, certamente, non só en Madrid, ónde hai varias, tamén en Barcelona, Valencia e algunha cidade máis. Eu estiven na de Callao en Madrid e a verdade é que para os maqueros é unha gozada ;)

  3. Calítoe.:. o 14 de Maio de 2007

    Iso de país igual vai polo da “terriña” porque mira que o de Callao ten anos. As veces imos a Madrid só pola FNAC, aínda que cando estamos en plan vagos tamén temos o de Porto.
    Pero xenial que veña un pouco máis preto :D

  4. Andressolo o 14 de Maio de 2007

    No noso país xa existía FNAC… !EN PORTO¡

    Viva o Grelo Galego

  5. andressolo o 3 de Xullo de 2007

    Ei! Eu son o verdadeiro Andressolo, fundador do Frente de Libertaçom do Grelo (que Dios me bendiga), e eu non escribín ese comentario en nome Andressolo do 14 de Maio! Podería tratarse de outro Andressolo, pero o do Grelo non deixa moita dúbida: O Governo español quere termiñar comigo infiltrando espías que se fan pasar por min! Españoliiiiiistas!!

  6. Andrés Milleiro o 3 de Xullo de 2007

    Tocaio Andressolo, xa sabes o que facer, seguir lendo Trebellos ;)

Publicidade

Comentarios