USB antivirus

O principal problema dos usuarios de Windows son os virus e máis os spywares, hai que ter o sistema operativo ben actualizado para estar un pouco máis seguros. Pero os que teñen que tarballar en ordenadores que non son os seus teñen un problema xa que na maioria dos casos non poden actualizar os equipos e moito menos instalar un antivirus.

DigiWorks, unha empresa coreana, lanzará este mes un antivirus por USB. Este dispositivo permitirá escanear o PC en procura de virus, adwares e spywares sen necesidade de instalar ningún tipo de programa. Hai dúas versións do USB Virus Chaser, que así­ se chama este trebello, unha de 2 Xb e outra de 4 Xb e o prezo aí­nda non se sabe.

Un dispositivo que pode salvar a vida a máis de un.

Ví­a: íœbergizmo.
Máis Información: DigiWorksCorea.