Internet móbil con calquera compañía
Hoxe en día moitas persoas precisan internet no seu portátil en calquera parte, para iso as compañías de telefonía móbil ofrecen un modem USB para que te poidas conectar. O malo disto é que se dentro dun tempo queres cambiar de compañía non podes ou terás que mercar o modem USB da nova compañía.
Grazas á Nova Media a cousa xa non ten porque ser así. O GlobeSurfer ICON 7.2 é un modem USB que permite conectarse ás redes GPRS, EDGE, UMTS e HSDPA. O que esta ben xa que estas redes de última xeración coma a HSDPA alcanzan as velocidades do ADSL. Pero o mellor de todo é que non esta ligado a ningunha compañía telefónica polo que podes usar calquera, e se decides cambiar de compañía o modem vaiche servir igual.
Este tipo de dispositivos permite que o teu ordenador se conecte ás redes que usan os telefonos móbiles e así poder estar conectado a Internet. Estes dispositivos traen unha ranura onde meter a nosa tarxeta SIM, a que temos no móbil, polo que o prezo de conexión dependerá da compañía e da tarifa que teñamos contratada.
É compatible con Windows e con Mac OS X. Unha boa solución para os que precisen internet en calquera parte do mundo e dispoña de tarxetas SIM de diferentes compañías, aínda que custe uns 300 euros.
Vía: Código Cero.
Máis información: Nova Media.
