O ataque dos mini-clons…
Por moito que Apple estea farta, o certo é que os fabricantes chineses de clons dos reproductores iPod seguen amosando unha gran habilidade para esquivar ó departamento legal da compañía da mazá e colocando os seus reproductores en distribuídores de primeira liña.
Ónte estaba botandolle unha ollada ó último folleto dunha coñecida cadea de hipermercados cando vin, sorprendido, un iPod Shuffle por… 29,90 euros.
1 Gb de capacidade, reproduce MP3 e WMA… WMA?
Evidentemente, tratábase dunha imitación, pero dunha das máis logradas que vira nunca. Tamaño e forma semellantes, incluído a pinza característica deste modelo, gama de cores semellante, mesma capacidade…
Procurade as sete diferenzas:

