Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Guitarra eléctrica por USB

guitarra

A moda de enchufar cousas por USB non para, agora tócalle ás guitarras eléctricas. Se es un virtuoso do rock&roll ou un aficionado aos punteos, esta guitarra é á solución aos problemas de conectar (e gravar) a túa guitarra ao ordenador. Simplemente conectando a guitarra por un cable USB ao ordenador xa poderás gravar todo o que fagas para escoitalo logo e compararte con Jimmy Hendrix.

A principal función da I-Axe é poder conecta-la ao ordenador por USB, pero ademáis ten unha saida jack para auriculares. O cable é de un metro e medio aproximadamente, pero pódese aumentar xa que no mercado existen alongadores de cable USB. O seu prezo ronda as 100 libras inglesas.

Grazas a esta guitarra poderás toca-la mentres soa música no teu ordenador, editala facilmente, grava-la, etc. Ideal para os músicos que non queren complicación á hora de gravarse.

Vía: Ounae.
Máis información: I Want One Of Those.


  1. An o 2 de Maio de 2007

    pufff deixo un pouco tempo sen entrar e cando me decato tedes esto cheo de trebellos :) gustoume o chabeiro inda que é un chisco caro…xa se a ver

  2. Dengio o 3 de Maio de 2007

    Esa guitarra ten unha pinta xenial. E digo eu… pódese tocar sen tela enchufada ó compiuter?

  3. Iago Laz o 3 de Maio de 2007

    Dengio, pois supoño que si. Ten unha saída jack que se pode conectar a uns auriculares e supoño que tamén se poderá conectar a un amplificador.

Publicidade

Comentarios