Microsoft Surface, as mesas do futuro

O que apresentamos hoxe xa estamos cansados de velo nas películas de ciencia-ficción, trátase dun trebello-mesa co que podemos interactuar. Pero o caso é que xa é real. Microsoft apresentou onte o seguramente será o futuro, unha mesa interactiva, multi-punto e multi-usuario na que calquera persona da familia poderá, simplemente tocando a mesa, organizar as súas fotografías, ver videos, pintar, enviar fotos e videos ao móbil, e todo iso dende o noso salón.
Aquí tedes un vídeo onde podedes ver as marabillas deste novo gadget. Non sei se será útil ou nos permitirá facer algo máis comodamente do que xa facemos agora, pero do que seguro estou certo é de que non será a última vez que falemos deste tipo de trebellos. Pronto comezarán a vir competidores de Microsoft, e nun futuro, quizais, todas as casas teñan unha mesa destas, igual que agora todas as casas teñen un televisor e un ordenador.
Visto en Gizmología.
Máis información: Vídeo | Microsoft.

OhMiBod e un accesorio para o iPod que, efectivamente, fai o que semella que fai. Vibra ó ritmo da música que esté soando no iPod, e ven cunha cápsula para que poida ser usado sen o reproductor de apple. Tamén funciona con portatiles, televisores, e calquer fonte de audio que nos suxira a imaxinación. Existe tamén unha versión para moviles chamada Boditalk, que vibra coas chamadas.
Agora que ven o bo tempo, é un bo momento para presentar este trebello de Sony pensado para escoitar a radio na nosa embarcación. O Sony CDX-HD70MW, e un reproductor de MP3, wav e ATRAC feito para ser usado directamente no barco. Para eso leva unha protección antichoque e unha pintura que resiste a salitre. 
Moita xente precisa dunha webcam no portátil alá por onde vai para poder facer videoconferencias, ben por trabalo ou ben para falar e ver aos seus familiares e amigos. Por iso moitos fabricantes xa integran nos seus portátiles unha cámara web.
Cada vez máis os móbiles estánse a convertir en consolas portátiles xa que o número de videoxogos para móbiles é cada vez maior. Agora parece que as consolas portátiles estánse a achegar aos móbiles.
Xa que estamos a falar de trebellos curiosos, o Disc Pod Dispenser ocupará un lugar destacado na nosa mesa se decidimos mercalo. Tratase dun dispensador de DVD/CD que con tan só premer un botón soltaranos un. Cargase cun tambor de 100, aproveitando o envase e así sempre teremos un soporte listo pra o seu uso pola módica suma de 13,20 €.
Hoxe, 25 de maio, celébrase o Día do Orgullo Friki e dende 