Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Usar o móbil á antiga

telefonoHai alguén por aquí que usou algún telefono antigo, dos da roda de números e os auriculares grandes? Quizais na casa dos avós coma é o meu caso, pero grazas a este trebello xa podemos emular aquelas chamadas co noso propio móbil.

Este trebello friki (outra cousa non é) só sirve para iso, para ser friki. Os Bluetooth Retro Handset conectanse ao teu móbil por tecnoloxía bluetooth para poder falar (recibir e enviar chamadas) por eles e veñen cun cable USB para cargar a batería dende un ordenador. Friki pero real.

Isto ten o seu aquel, imaxinade ir falando con este trebello polas rúas da túa cidade (vila, aldea, etc.), as caras das persoas teñen que ser impresionantes. Ou chegar a unha reunión e que che soe o móbil e saques estes auriculares e sen inmutarte digas o de “sintoo pero agora non podo falar, estou nunha reunión”.

Agora que está de moda todo o retro, quen se pode resistir a mercalos por $35?

Máis información: ThinkGeek.


Recibe as novidades de Trebellos.org no teu escritorio

descarga o widget de trebellos Xa podes, grazas á xente de Beon recibir as novedades de Trebellos no teu escritorio (en Windows só, polo dagora).

Deste xeito, con esta eficaz aplicación, queremos terte máis perto de nós e que xa nen teñas que acudir á web pra ver se o sitio está actualizado, polo que terás as últimas novidades tecnolóxicas na palma da túa man.

Pra descargalo, só tes que facer click na imaxe ou aquí e instalalo no teu pc. A partir de ese intre, xa terás a Trebellos no teu escritorio. Agardo que vos guste.


Reprodutor MP3 para a ducha

JukeTowerSe sodes dos que cantades na ducha este trebello vaivos gustar, trátase dun reprodutor mp3 cool especialmente diseñado para a ducha.

Xa se acabou o de tatarear as cancións con pouco ritmo, agora poderemos cantalas ao son da canción disfrutando dunha boa ducha. O Juketower Splash Proof MP3 Player ten un porto USB para poder enchufarlle unha memoria USB con música ou simplemente o teu reprodutor mp3 e así poder escoitar a túa música preferida. Ten unha pantalliña LED que mostra o número de canción e o tempo transcurrido. O seu tamaño é de 183×78mm algo así como un bote de xabrón.

Sae á venda o 28 de abril e custará 99 euros. Este trebello quedará moi bonito xunto ao bote de xampú.

Vía: Akihabara News.
Máis información: GeekStuff4U.com.


Novo disco duro externo de Toshiba

Seguindo co comezado por Andrés hai un par de días, imos continuar con máis novas sobre o mundo dos discos duros externos.

Toshiba

A última compañía en incoporarse á tendencia é a todopoderosa Toshiba que acaba de presentar o seu Toshiba USB 2.0 Portable External Hard Drive.

Con capacidades que van dende os 100 ata os 200 XB cuns prezos de entre $100 e $230 dólares respectivamente, atopámonos con este trebello que ven a incrementar todavía máis a competencia nun sector que cada vez gaña máis adeptos e importancia. Unha das principais características que presenta é a súa superficie rugosa e resistente ás raiaduras, poidendo así resultar moi cómodo e seguro nos transportes e viaxes. Ademáis ven montado nun chase de aluminio negro , o que facilita a súa refrixeración, mellorando o rendemento.

Aínda que todavía non se coñecen datas sobre a súa aparición no mercado europeo e español, non cabe duda de que non tardará moito en aparecer nas nosas tendas.

Máis información: Toshiba


Blusens lanza o primeiro GPS en tres dimensións

Blusens

Boas novas pra Blusens e pra o sector tecnolóxico galego. A compañía vóltanos sorprender e, a falta de comunicación oficial no seu sitio web, sae na prensa que Blusens vai sacar o primeiro GPS en tres dimensións feito no mundo, algo que de veras, non fai máis que asomarme polo traballo desta empresa.

A novidade das tres dimensións no GPS é que ao velo, o conductor poderá ver a ruta que fai como se se tratase de vídeo, segundo palabras de José Ramón García, presidente e conselleiro delegado de Blusens.

Segundo a empresa o GPS estará listo a finais de Setembro ou principios de Outubro e sairá ao mercado en Decembro, momento ideal co Nadal ao carón. Agardaremos pois impacentemente as novas deste producto da factoría galega.

Máis información: Nova na prensa


Coches con motor de aire feitos aquí

OneCat

Ben, a primeira vista este coche semella un máis, así pequeno ideal pra circular por un cidade, posíbelmente un esbozo dun deses coches do futuro que tentan inventar as grandes marcas de automóbis estranxeiras.

Polo título maxino que xa maxinades por ónde poden ir os tiros, e sí, outro coche feito aquí (ademais dos de Identity Cars). Nesta ocasión atopamos na rede que un galego ten a exclusiva do coche con motor de aire.

O OneCat destaca pola cero contaminación na cidade, funcionando 100% con aire comprimido, algo moi bo agora que se buscan iniciativas como o etanol pra evitar a dependenza do petróleo. O coche se producirá en dous modelos: unha versión económica, de 3 prazas e sen asentros traseiros nen teito ríxido e outra de 6 prazas con teito, fiestras e demais comodidades de calqueira coche.

Máis información: Web oficial


MadTwitter, outra aplicación pra Twitter en Windows

madtwitterSei que non é un Trebello ao cen por cen, mais quero comentar unha nova aplicación existente na rede para Twitter, posíbelmente o servizo 2.0 máis de moda últimamente.

Pra quen non o coñeza, Twitter é un servizo-rede social onde, básicamente ti dis o que estás a facer nese intre. Sí, sei que vos pode soar a tontería, mais está causando verdadero furor e comeza a destacar pola utilidade nalgúns intres, como a nova que deu Eduardo Arcos no seu twitter cando sentiu o tremor de México, moito antes que webs de novas ou webs de servizos de detección de terremotos, mentras o estaba a sentir.

De veras, antes de comentar que vos parece a idea, aconséllovos crear unha conta e probalo (de feito eu e Iarrovawo xa a temos).

Trátase de MadTwitter, un pequeno programa aínda en Beta e dispoñíbel pra Windows que tenta asemellarse un pouco a Twitterific, o mellor programa pra moitos existente en Twitter e que só está dispoñíbel para Mac. O programa é unha creación de Sacha Fuentes, informático catalán, e de seguro que a beta avanzará e será un dos programas referentes no ámbito de Twitter.

Máis información: MadTwitter


Aprendendo: Discos duros externos

Inauguramos en Trebellos unha nova sección: Aprendendo, onde agardamos facer videotutoriais ou simples entradas pra explicar algún tema en concreto ás persoas que non saben demasiado sobre ese tema. Comezo eu falando dos discos duros externos e dos tipos que hai, para que non existan problemas ao ir á tenda e facer unha boa elección. Que vos guste:


O OLPC xa está nas aulas

OLPC
O portátil dos 100 dólares do proxecto OLPC xa está nas aulas de Nixeria, así o demostra esta fotografía.

Tras un longo traxecto cheo de palabras e boas intencións por fin podemos dicir que o portátil dos 100 dólares xa está onde ten que estar, axudando aos nenos do terceiro mundo. Independentemente de si este pórtatil é bo ou malo (ou podería ser mellor) para a educación destes nenos, é unha boa nova que por fin xa o esten desfrutando.

Máis fotografías: Cnet.
Máis información: OLPC.


Nokia aposta pola tecnoloxía GPS

GPS NokiaCada vez máis móbiles veñen con tecnoloxía GPS, pouco a pouco estáse a convertir nunha funcionalidade case imprescindíbel dun móbil como xa é a cámara de fotos ou o reprodutor mp3. E Nokia parece que quere que sexa así.

Vai pouco Nokia lanzou a aplicación gratuita smart2go de mapas que se pode conectar a un díspositivo GPS por medio de bluetooth, apostando claramente por esta tecnoloxía. E agora é Route 66, o proveedor do software GPS de Nokia, quen afirmou que todos os próximos móbiles de Nokia terán un chip GPS integrado, xa sexan móbiles de gama alta ou de gama baixa.

Pouco a pouco os móbiles van desvancando a outros gadgets do mercado, xa case o fixeron coas PDAs e parece que pronto o farán cos dispositivos GPS.

Vía: Xataka Móvil.
Máis información: Electronista.
Máis información: Route 66.


« Anteriores entradasPosteriores entradas »