Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Transmisor FM de Kensington pra o iPod

KensingtonEn Applesfera atopo un trebello moi interesante que funciona como accesorio se temos un iPod, o reproductor mp3 de Apple.

En moitas ocasións, cando usamos un trebello con conexión sen fíos, como pode ser o caso do transmisor pra escoitar o iPod na radio do coche ou un GPS Bluetooth, o trebello en sí perde moita batería no que, no caso de coche pode ser algo pouco productivo e que non funcione en longas viaxes.

Neste caso, este trebello de Kensington é un transmisor pra escoitar o iPod na radio do noso coche facendo unha pequena emisora, pero co interesante engadido de ter un adaptador pra o mechero do coche, polo que nos durará moito máis tempo e será productivo ao cen por cen.

Máis información: Kensington ou Applesfera


Lentes con subtítulos

lentes

Estas lentes teñen incorporada unha pequena pantalliña onde poder mostrar texto. O texto chega procedente dun ordenador situado ao redor de 50 m. grazas a súa pequena ante.

Estas lentes foron creadas pola Universidade madrileña Carlos III para o Centro Español de Subtitulado y Audiodescripción, polo que foron inventadas coa función de subtitular as películas do cine, xa sexan en versión orixinal ou para axuda ás persoas xordas.

Gran trebello que pode axudar moito ás persoas xordas, só falta que amplien a funcionalidade das lentes, non só para o cine.

Vía: TecnoCHICA.
Máis Información: Universidad Carlos III.


PSP agora mais barata

pspPor fin Sony baixa os prezos da PSP en Europa, como xa fixera en EEUU. Si queres mercar unha PSP, e mellor que esperes ata o día 4 de Maio no que o seu prezo descende dos 200 actuais ata 170 euros. Esta rebaixa no hardware ven acompañada con rebaixas nos prezos dalguns xogos, para que te fagas co equipo completo ao menor coste posibel.

Sony pretende así relanzar as ventas desta consola, agora que se pode xogar coa PS3 que acaba de sair ó mercado. ¿Ou cecais Sony pretende obter mais clientes para a súa consola grande?

Via eurogamers


O Google Phone, cada vez máis perto

Google PhoneComo era de agardar, despois da confirmación da investigación pra sacar ao mercado un teléfono móbil de Google surxen de vez en cando novos rumores sobre o trebello en cuestión.

En Engadget comentan que o fabricante do teléfono, HTC, confirma os primeiros envíos a finais do 2007 e avanzan, ademais, que o teléfono será 3G e Edge, mais non vai traer GPS integrado, o que é unha mágoa ao ter o propio teléfono Google Maps, que sería a perfecta combinación cun GPS (ademais de outras aplicacións que traerá, como unha pra ler correo de Gmail).

Máis información: Ounae >> Engadget


Canon DR-2050, escáner con moitas posibilidades

Canon2050Se ben nos últimos tempos semellaba que o mercado dos escáneres pra o ordenador estaba algo parado mentras medraban outras solucións como os multifuncións, Canon acaba de sacar un trebello moi interesante e útil, segundo meu punto de vista.

A peculiaridade deste escáner é que ten unha salida VGA, polo que o podemos enchufar a un proxector ou a un monitor o que tiveramos escaneado, polo que pode ser una solución fantástica pra o ámbito educativo. Porén, o escáner ven dotado dunha memoria interna de 32 megas, pra que non sexa necesario o uso dun pc onde aloxar as imaxes.

Máis información: Xataka >> Canon


Trebellos de chocolate

chocolate

Quen quere comer un iPod, ou un móbil? Agora xa se pode, polo menos un iPod e un móbil de chocolate.

Grazas á Corporate Gift Showcase os máis geeks están de sorte xa que esta empresa está a producir unha serie de chocolates con forma de gadgets. Temos o iPod, un móbil, unha blackberry, unha TV, etc.

Véndense en paquetes de 100, 250, 500 e 1000 unidades a prezos diferentes para cada modelo e ademáis tamén venden o modelo de cada trebello por 100 dólares.

Quen dixo que os frikis non podían disfrutar do chocolate?

Vía: Digital Drops.
Máis información: Corporate Gift Showcase.


Espía o que escriben outros nun PC

keywatcher

Este é o trebello que sen dúbida usaria James Bond, trátase dun pequeno gadget que se coloca entre o cable do teclado e o ordenador de tal modo que queda gardado nel todo o que se escriba polo teclado.

O keywatcher pode gardar ata 65.000 caracteres que son unhas 40 ou 50 páxinas máis ou menos. Ten menos de 50mm de longo polo que non é doado dárse conta del a simple vista.

Ideal para espiar e averiguar o contrasinal do teu compañeiro de oficina, ou para descubrir quen é a persoa que está a utilizar o teu ordenador sen o teu permiso. Iso sí, sae un pouco caro, uns 165 euros.

Vía: Digital Drops.
Máis información: Spycatcher.


Fuji Finepix S5600 Zoom, unha boa alternativa

FinePix S5600

Isto que vedes aí arriba é a Fuji Finepix S5600 Zoom, que non é unha novidade nas tendas mais comeza a ser unha moi interesante opción pra todos aqueles e aquelas que queiran meterse un pouco máis a fondo na fotografía, pois está a ter baixadas de prezo, que rondan o producto nos 186 euros, como no caso de Pixmanía. A cámara en sí pertence ao conxunto de cámaras de fotos chamadas “bridge” ao estar a medio camiño entre as cámaras compactas e as cámaras réflex profesionais.

A cámara destaca polo potente zoom óptico de 10x, polo que foi premiada como a mellor cámara con zoom nos European Imaging and Sound Association Awards da tempada 2006-2007. Ademais do poderoso zoom, ten unha definición de 5,1 megapíxeles que nos permitirá sacar fotos con moi boa definición, ademais de varios modos de uso, como o modo pra evitar as fotografías borrosas ou o modo de vídeo con son.

Máis información: Fujifilm
Máis información: Pixmanía


Marco dixital de 15 pulgadas

Marco de 15 pulgadas

Xa existen moitos marcos dixitais de diferentes marcas e con varias funcións (son, conexión a internet…) pero a particularidade deste trebello é o seu tamaño. Cando a maioria dos marcos dixitais rondan os 7, 8, 10 pulgadas, este marco dixitial ten 15 pulgadas.

Un marco dixital ten a utilidade dun marco de fotos normal e corrente pero as fotos, evidentemente, son dixitais coa posibilidade de que cada X tempo cambie a fotografía ou mesmo reproducir video (con ou sen son). Este trebello, o PAN-150 de Pandigital, concretamente ten un tamaño de 15 pulgadas para mostrar fotografías con resolución de 1.024×768, ten unha memoria interna 256 MB que podemos ampliar grazas ao porto USB e o lector de tarxetas de memoria (SD, MMC, etc.). Pode reproducir video e tamén reproducir ficheiros MP3 polo que podemos ter un fio musical mentres se mostran as nosas fotografías.

Custo 300 dólares (é barato para este tipo de trebellos) e é ideal para esas fotos grandes da comunión ou da voda ou simplemente para fotografías de paisaxes e atardeceres preciosos.

Máis información: PanDigital


Guia de merca: ¿Reflex ou compacta?

camrasO aumento na oferta de modelos de camaras dixitais dispoñibels e a súa baixada de prezo fai cada vez mais dificil escoller un trebello para mercar. Ao día de hoxe, o custo dunha compacta de gama alta e similar ao custo dunha reflex dixital das económicas, por iso facemonos unha pregunta dende trebellos ¿Qué camara mercar?.

Non é unha pregunta doada de respostar, e tampouco ten unha solución única. Cada formato ten as súas ventaxas e as súas contras que deberemos valorar dependendo do uso que lle vaiamos dar. A primeira grande diferencia está nas dimensións. Unha reflex dixital anda polos 500 gramos de peso sen obxetivo e unha compacta anda sobre os 300-400 gramos. Ademais, moitas compactas podense meter no peto mentres que unha reflex dixital necesita dunha funda pra levala colgada. A movilidade dunha reflex dixital e moito mais reducida ca dunha compacta, é o primeiro factor a ter en conta.
Segue lendo »


« Anteriores entradasPosteriores entradas »