Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Chaveiro con fotos dixitais

chaveiroSon moitas as persoas que levan fotos na súa carteira, fotos dos seus amigos, do mozo ou da moza, dos seus familiares, etc. Pero agora, grazas a este trebello, poderemos levar as fotos no noso chaveiro xunto as nosas chaves.

O Brookstone Digital Photo Keychain é un chaveiro cunha pantalla LCD de 1.4” e unha memoria flash de 8 MB que permite gardar e mostrar unhas 56 fotografías. Ten unha batería interna e para transferir as fotografías basta con conectar por USB o trebello ao ordenador.

Para non olvidarnos de ninguén e levar sempre con nós aos seres queridos (ou non). Iso si, ten un prezo algo elevado para un chaveiro, custa 50 dólares, uns 37 euros.

Vía: TecnoGadget.
Máis información: Páxina do trebello.


Publicidade

Comentarios