Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Motorola patenta unha pantalla LCD con placas solares

LCD SolarÉ o fin dos cargadores do móbil? Aínda é moi pronto para dicilo pero dende vai tempo os cientificos están traballando en tecnoloxía que nos faga olvidar o de ter que enchufar o noso móbil cada semana á corrente eléctrica.

Concretamente, Motorola, unha das compañías máis importantes en móbiles, patentou unha pantalla LCD con células fotovoltaicas que permitiría recargar a batería de calquera trebello (sexa móbil, reprodutor mp3, etc…).

Para que chegue a nós, ao usuario final, aínda queda moito tempo (e a saber canto custará…) pero polo menos xa sabemos que este tipo de tecnoloxía moi útil, moi cómoda e sobre todo, moi ecolóxica xa está de camiño.

Vía: Ounae.
Máis información: Patent Monkey.


  1. Sak o 25 de Abril de 2007

    Sería unha forma xenial de superar os problemas de batería, a ver se vai para adiante…

Publicidade

Comentarios