Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Transmisor FM de Kensington pra o iPod

KensingtonEn Applesfera atopo un trebello moi interesante que funciona como accesorio se temos un iPod, o reproductor mp3 de Apple.

En moitas ocasións, cando usamos un trebello con conexión sen fíos, como pode ser o caso do transmisor pra escoitar o iPod na radio do coche ou un GPS Bluetooth, o trebello en sí perde moita batería no que, no caso de coche pode ser algo pouco productivo e que non funcione en longas viaxes.

Neste caso, este trebello de Kensington é un transmisor pra escoitar o iPod na radio do noso coche facendo unha pequena emisora, pero co interesante engadido de ter un adaptador pra o mechero do coche, polo que nos durará moito máis tempo e será productivo ao cen por cen.

Máis información: Kensington ou Applesfera


  1. Sak o 25 de Abril de 2007

    A ver se emite mellor que os que hai até agora, porque a miña experiencia con eles é fatal :(

Publicidade

Comentarios