Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Guía pra mercar auriculares (II)

Finalizo xa con esta entrega a guía pra mercar auriculares de Trebellos. Nesta entrega vou falar dese tipo de auriculares, cicais o máis usado actualmente, que é máis pequeno e se mete un pouco hacia adentro; son os intraauriculares. Neste tipo de auriculares, máis que no resto, a xente adoita mercar uns calquera, posíbelmente polo prezo, sen ganas de gastar máis que un par de euros.

Existen xa modelos de Sennheiser a uns 10 euros de este tipo ou de botón mais, coma no outro caso de auriculares, se queremos calidade de son e uns auriculares que nos duren moito tempo sen perder prestacións, deberemos gastar algo máis de diñeiro. Recalco esto último, pois é certo o de que duran máis tempo e que, no fondo, van sair igual de caros ou baratos que os outros auriculares. Imos aló cos dous modelos que presento nos intraauriculares:


CX300Os Sennheiser CX300 dan un bo sonido, na miña opinión e a un bo prezo.

Traen incluídos tres adaptadores distintos pra o ouvido, polo que estou seguro que, poñamos o que poñamos, teremos a máxima comodidade con eles postos e con bo son, que é o que buscamos.

Podédes mercalos aquí en color prata o en branco (ambos casos 38,90EUR).

Tamén podedes ler unha pequena revisión destes cascos en La maté por un yogur.

    Auriculares ShureOs Shure E3c son un auténtico prodixio do son; eu tiven a oportunidade de probalos nunha ocasión e penso que son os mellores (ou uns dos mellores) intraauriculares que existen agora no mercado, polo son e por todo o que inclúen.

    En Microsiervos mercaran uns e fixeran a revisión destes mesmos auriculares, cun resultado netamente positivo, pese ao seu alto prezo (179EUR na Apple Store).

    Dispoñen dun boísimo aislamento, polo que en moitos casos non será necesario subir o volume ao máximo, como sucede con outros auriculares, e tamén teñen varios tipos de fundas pra adaptarse a distintos tipos de ouvidos (incluso fundas de espuma flexíbel, algo que se agradece en moitos casos ao probalos).

    Máis información:Web de Sennheiser
    Máis información:Web de Shure


  1. JaVi o 10 de Abril de 2007

    Pues a ver si veo algunos sennheiser baratitos y me los pillo para el mp3 y para el movil :P

Publicidade

Comentarios