YoigoCoa teima da subida de tarifas na telefoní­a móbil no Marzal moitos e moitas coma eu mudamos de compañí­a pola teima de prezos e, sobre todo, pola aparición dunha nova compañí­a no mercado, Yoigo, que pretendí­a revolucionar o mercado con baixada de tarifas e unha tarifa de datos moi apetecí­bel, por 1,2€ máximo ao dí­a que aí­nda segue a ter. De feito, nestes intres estou fóra da casa nun punto das Rí­as Baixas onde non teño conexión a internet, nen detectei nengún punto de Fon (pois son fonero), nen unha red sen fí­os aberta (hai unha, pero pechada, e nin pola pereza de ter o pc encendido cun programa de forza bruta moléstome).

Logo, pois, estou conectado ví­a Bluetooth ao meu teléfono (un teléfono libre, Nokia 6230i), e de aí­ usando o módem interno que o teléfono ten, conectado a Yoigo, e por tanto a Internet, cunha velocidade algo mala, pero suficiente pra ler o correo electrónico e escribir nalgún blogue. Fací­a algo de tempo que non usaba este tipo de conexión (creo que en Salamanca fai xa un tempo foi a derradeira vez, nunha ocasión similar), e neste intre miña sorpresa foi o non poder acceder ao GTalk, a calquera tipo de FTP, ou a programas de mensaxerí­a instantánea como MSN Messenger ou GTalk.

Non sei se é unha cousa da empresa (soa por aí­ a existencia dun proxy) mais, sexa o que sexa, hai un xeito de evitalo e de poder ter unha conexión completa de novo. Existen solucións por software que tiven lido, mais non me serviron, e só me serviu en Windows meterlle man ao rexistro, tal como contan eiquí­:

1. Faga clic en Inicio e en Executar, e no cadro Abrir escriba regedit e faga clic en Aceptar.
2. Busque a seguinte subclave do Rexistro e faga clic nela:
HKEY_LOCAL_MACHINE\SYSTEM\CurrentControlSet\Services\NdisWan\Parameters
3. Engada unha subclave Protocols (se aí­nda non existe). Pra ilo:
a. No menú Edición, seleccione Novo e faga clic en Clave.
b. Escriba Protocols e, a continuación, presione Entrar.
4. Engada unha subclave 0 (cero) á subclave Protocols. Pra ilo:
a. Faga clic na subclave Protocols que creou no paso 3.
b. No menú Edición, seleccione Novo e faga clic en Clave.
c. Escriba 0 (cero) e, a continuación, presione Entrar.
5. Faga clic na subclave 0 que creou no paso 4.
6. No menú Edición, seleccione Novo e faga clic en Valor DWORD.
7. No cadro Información do valor, escriba ProtocolType e faga clic en Aceptar.
8. No menú Edición, faga clic en Modificar.
9. No cadro Información do valor, escriba 800, asegúrese de que en Base está seleccionado Hexadecimal e, a continuación, faga clic en Aceptar.
10. No menú Edición, seleccione Novo e faga clic en Valor DWORD.
11. Escriba PPPProtocolType e, a continuación, presione Entrar.
12. No menú Edición, faga clic en Modificar.
13. No cadro Información do valor, escriba 21, asegúrese de que en Base está seleccionado Hexadecimal e, a continuación, faga clic en Aceptar.
14. No menú Edición, seleccione Novo e faga clic en Valor DWORD.
15. Escriba ProtocolMTU e, a continuación, presione Entrar.
16. No menú Edición, faga clic en Modificar.
17. En Base, faga clic en Decimal, escriba o tamaño de MTU que desexe (recomendado 472) no cadro Información do valor e, a continuación, faga clic en Aceptar.
18. Peche o Editor do Rexistro.
19. Reinicie o equipo.

E, se alguén aí­nda non sabe cómo conectar seu pc ví­a teléfono a internet, pese a que se pode facer dun xeito manual, conví­dolle a baixar calquera software que teña a marca do seu móbil, como no meu caso e de tódolos teléfonos Nokia é PC Suite, e que permitirá crear a conexión dun xeito sinxelo.

Máis información:
Yoigo
Máis información: Fí­o no foro de GSMSpain falando do incidente