Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Gmail en galego

gmailContan en Arroutadanoticias.com que por fin xa está rematada a tradución de Gmail ao galego. Grazas ao esforzo dos internautas que respaldaron a última convocatoria para a súa traducción, o servizo de correio de google xa se topa totalmente traducido. Pero para podelo usar gmail na nosa lingua, teremos que agardar a que os rapaces de Mountain View a revisen e den a súa conformidade.

Pero si queredes, podedes seguir colaborando na tradución doutros servizos de google coma Orkut, Picasa ou Google Groups, que pola súa escasa difusión as traducións topanse mais atrasadas. Para consultar o estado das mesmas, ou colaborar con elas tedes que ter conta nalgun dos servizos de google, e consultar o servizo de traducción onde ven o porcentaxe de cada servizo que está traducido.
!Animadevos, que xa falta menos!

Mais información
: Servizo de tradución de Google.


  1. tonio o 4 de Abril de 2007

    Parabens pola iniciativa e que sexa por moitos anos… adiante cos trebellos!!!!

  2. tonio o 4 de Abril de 2007

    Parabens pola iniciativa e que sexa por moitos anos… adiante cos trebellos!!!!

    Por certo caralludo que poidamos ter o Gmail en galego

  3. xabre o 4 de Abril de 2007

    Grande web, grande nova a do gmail. :)

    trebellos.org vai correndo ao meu GoogleReader

    Avante Trebellos!

  4. An o 4 de Abril de 2007

    Unha moi boa noticia. Noraboa por este voso carderno cheo de trebellos :)

  5. Sklarowitz o 4 de Abril de 2007

    Boísima noticia! Por certo encántame o web, seguir traballado así de ben!
    Parabens a todos

Publicidade

Comentarios