Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Blusens G40

Blusens G40

Dun tempo a esta parte recoñezo que miro os productos de Blusens con outros ollos, de veras. Pasar polo seu catálogo é ver ao noso alcance e fabricados por unha empresa galega un feixe de productos que fai un par de anos non os maxinaríamos.

Neste caso quero falar concretamente deste Blusens G40, un incríbel reproductor PMP (reproduce audio e vídeo pero con funcionalidades Wi-Fi e Bluetooth), ademais de incluir unha cámara de 1,3 megapíxeles, o que cicais baixe algo súa nota global. Destacar tamén que posúe lector de tarxetas SD/MMC e está dispoñíbel en 1, 2 e 4 XB, ampliábeis polas tarxetas antes mencionadas.

Máis informacion: Páxina do producto


  1. […] Via Trebellos. […]

  2. tech o 4 de Abril de 2007

    great PMP for everyone :)

    thanks trebellos

  3. juan o 5 de Abril de 2007

    A verdade é que o catálogo é impresionante, faille a boca auga a calquera que lle gosten as caralladas electrónicas. Pero é unha mágoa que Blusesn só sexa un catálogo de intención, e se non, chamade e preguntade polos productos de mais altas prestacións (ex. o DVD HD H50), e xa veredes como o único que hay dispoñible, da extensa gama BS, é somentes o máis básico, como o resto dos fabricantes.
    Outro punto que cheira mal: sendo un empresa galega, ¿por qué non hay nin uhna soa tenda (exclusiva de BS) en Galiza cos seus alucinantes productos? Cos puntos de venta que pon na súa web, pasa como coa marca Woxter, están en todas partes pero en ningures…

  4. Fran o 6 de Abril de 2007

    Hai que ter moito coidado con iso de “unha empresa galega”. Pois se neste mundo hai certezas,algunhas delas son que: i) o capitalismo non ten bandeira; ii) as empresas capitalistas, tampouco; iii) Blusens produce os seus produtos en China (deslocaliza a actividade de custo máis elevado, impedindo que unha parte importante do “custo” -que non do prezo- quede na nosa terra).

    Certo, fai bos produtos. Certo, innova e ofrece calidade. Certo, ten o seu local social en Galicia. Pero iso de ser de Galicia… Moito ollo!

  5. Jearba o 7 de Abril de 2007

    Non entendo como podedes dicir que blusens fai vos aparellos. Fai copias dos iPods e os mp3 propios que ten funcionan moi mal.

  6. Andrés Milleiro o 7 de Abril de 2007

    Jearba, eu só me remito aos datos, e de Blusens foi o MP3 máis vendido no 2006 ou no 2005, non lembro ben.
    No respecto de copias dos iPods, eu non sabía que os iPods tiñan Bluetooth e Wi-Fi…mais, é a túa opinión :)

  7. Lois o 7 de Abril de 2007

    Parace que arranca forte esta empresa, ademais alegrome que sexa “galega” (totalmente de acordo con Fran) e que a teñamos cerca para ver si salen mais o seu redor.

    Esta claro que o futuro e sin cables, e estos trebellos van tir moito futuro. O final todos teremos unha carpeta no pc ou en internet e o reproductor sincronizarase automaticamente o achegarno e sen sacalo do bolsillo. Sigo pensando que o futuro pasa por estar conectado a rede.

    Que sigan innovando e a ver si apostan polas novas navallas suizas movil-pda-internet-wifi como as HTC.

Publicidade

Comentarios